sábado, 15 de novembro de 2008

Desexo

"El 'collage", dijo una vez Ernst parafraseando a Freud,
"es la satisfacción de un deseo"
Estrella de Diego

venres, 14 de novembro de 2008

O corpo desaloxado



Levo uns días coa cabeza soterrada nos libros de Miriam Reyes. O motivo, unha reseña que pronto verá a luz nunha revista que aínda descoñezo , pero cuxa editora respeto, e moito.
É incrible como esta poeta dende (ben, cecais non o primeiro verso publicado) pero si dende o primeiro paso en firme dado en forma de libro, xa ten a voz que é ela e o pulso firme da que invita...
Estou entusiasmada. Penso que medrei: cando collín Espejo negro por primeira vez tiven que lelo cunha soa man, e non no sentido que estades pensando; de verdade que agarraba o libro de pé e no ar e coa outra man por veces me collía a fronte e por veces me apoiaba na parede que a cegas buscaba. Doíame. Agora tamén, pero doutra forma. É como se me puidera meter dentro, na súa pel, e despois sair e ser eu mesma, aínda que dorida, zarandeada, con nauseas, si, pero ó fin eu. Agora podo ler.
Non sei se me entendedes.
Coñezo a moita xente devota da literatura á que non lle ten pasado.

Pero ben, quérovos recomendar non só as súas verbas, a súa páxina, o seu rastro... senón tamén unha entrevista en Nosotras en el mundo (xunto con Laura freixas) deliciosa... e tamén a súa ultimísima poética que temos a sorte de degustar xa que aparece no catálogo do encontro "Femigrama" que se está desenrolando estes días de Novembro. ¡Quedades en boa compaña!

[Fotos: a xenial e novísima suicida Francesca Woodman]
 
 

martes, 11 de novembro de 2008

"[...] e iso é o que quero para min, unha vida e uns desexos autoxestionados [...]"

Hoxe unha amiguísima miña envioume unha carta preciosa sobre unha conversa que tiñamos que rematar, sobre o noso andar funambulista pola vida... as súas verbas son espelliños que quentan con só mirarse neles:
"E si que creo nunha loita concreta, real e explícita, colectiva. Do mesmo xeito que creo na acción individual cada día, na vida pequena de cada unha, nas relacións persoais, amorosas, familiares, laborais… en intentar buscar recursos e vías creativas para que as nosas vidas sexan propias e novas, distintas do que pretende impoñerse e xa é normativo/normal."

venres, 7 de novembro de 2008

Xémeas



Puxen esta foto de cabeceira, que xa fixen fai un par de aniños, porque onte estiven la presentación da primeira novela , Tiempos gemelos, da miña amiga María Zaragoza e dende que lle anda rondando un proxecto precioso con forma de boneca na cabeza, as maniquís e ela para mí están endiañadamente unidas.
Falando da noite: facía anos que non ía a un evento con tanta xente. Non sei se foi polo Hotel Kafka, polo Gala, pola Asociación de escritores que lle axudou ¡a ela! a organizar o evento, en fin que quedei abraiada co xentío e a interese. Claro que ademáis da subterraneidade que frecuento, cecais ten que ver que fora unha presentación narrativa e non de poesía.

En todo caso o pouquiño que lin da novela de María, pareceume interesante: escrita dende unha distancia teatral e cunha linguaxe real, non botaba para atrás nin sequera a unha desertora da narrativa longa como son eu estes días.

Adiante nena, estabas reguapísima, ogallá e atope unha foto túa ó Mia Wallace para o album dos días violentos: ¡muuuua!; mentres, a de ficción:

xoves, 23 de outubro de 2008

"Fanzine de vergüenzas"

 
El nuevo número de CAGADA EN LA MANO es brutal!!! Nuestro amigo Héctor Melchor autor del precioso fanzine DISCULPE y CUANDO YA NO QUEDEN BALAS (a cuatro manos con Mario Albelo del HERPES y con contraportada de HAZ), renueva apuesta con este fanzine de vergüenzas dibujado sintética y punkísimamente!!! 14 historietas para partirse de risa donde brilla la escatología fina y el harcoretismo sucio!!!

CAGADA EN LA MANO #2,
Madrid-Toledo, Octubre 2008.

martes, 21 de outubro de 2008

Caroline & Luna



Paso o fin de semana derretetendo as retinas co traballo incrible, brut e punkísimo de Le dernier cri e arruinándome cliqueandonline varios libros (¡esgotados!) da miña favoritísima debuxanta e editora salvaxe Caroline Sury!!!
Este cachiño de noite de luns é para as fotos-poemas de Luna.
¿Onde quedo eu no medio de toda esta beleza?
Teño ganas de embrutecer os colaxes.



Recomendadísimos os novos debuxos-grabados de Sury, que tía!!!

martes, 14 de outubro de 2008

Humor vítreo, ¡sempre!


O festival Maraña de Bucles foi un éxito. A verdade é que esto de collagear en vivo é como recitar: moitos nervios pero tamén unha sensación de placer, de ganas dunha mesma pouco cotiá. E moitas ganas de repetir...
Ando á espera dalgunha fotiño ou video que poder gardar...

mércores, 8 de outubro de 2008

Bonecas


Non sei o que significan os meus collages. Só sei que dentro destes experimentos visuais me permito ser prosaica. Ó menos cos títulos longos e persoais, relativos ó cotián que me rodea. Pero sí que decidín ir máis alá deles agotándoos. Traballando sen pausa neles, ata que non quede un, por ver se se transforman, desaparecen ou que.
Pero cando J. me dí: este chíflame, unha boneca infernal, sorpréndome e digo si, cecais é unha beleza monstruosa este control estético esta feminidade estoupando.
Ben.
Por ahí vou ben.

Recomendacións: a nova búsola fresquiña e interesante e o recén descuberto blog da necesaria profe, crítica e colaboradora radiofónica Helena González. Bravo!!!

martes, 16 de setembro de 2008

Experimento anaquiños de min


Outro collage que non é o da monstra


Nos collages permítome ser prosaica. Ó menos nos títulos longos, sobre o persoal ou próximo. Decido arriscar: traballalos sen pausa por ver se se transforman ou desaparecen.
Pero cando J. me dí este encántame, boneca infernal, penso aínda sen sabelo, debo ir por bo camiño; debe ser monstruosa esta beleza controlada, este F estoupando excesivísimo, si.
Por aquí vou ben.

Recomendacións: o recén descuberto blog da brillante profe, crítica e colaboradora radiofónica Helena González; e a nova revista Búsola, fresquiña e interesantísima.