venres, 5 de setembro de 2008

Unha mirada moderna






Ás veces o vrau regala soños:
aquí Un regarde moderne en Paris e un tesouro atopado aló;o traballo da collagera Marie Nöel,¡desfrutádeo! E... ¡volta ó cole…!

ALGUNHAS FOLLAS DO LIBRIÑO DE COLLAGES ORIXINAL DE MARIE NÖEL.

venres, 25 de xullo de 2008

A pluma escura


Onte estivemos na exposición da Pluma Electri*k "The dark side of the room". Un proxecto algo segredo pola súa condición que traspasa tamén ó temático. Unha sorte poder espiar esta idea escura e chula.
Estar na súa casa é entrar nas súas cabezas: ARTE por todas partes que fala e fire; paredes e teitos sementados de acendidas alarmas vermellas. No salón, o taller onde fornean os libros. ¡Calquera que pase por alí sentirá a cambra entusiasta de vivir creando ó tocar a Aïda e Diego!

Desvelade parte do misterio aquí ¡e o resto, asistindo á próxima!
O salonciño-forno aquí e ¡nesta reportaxe!.

¡Mil gracias pola invitación, rapaces!

domingo, 20 de xullo de 2008

Pensando peixes

Acaban de sair dous libros para nen@s de Clarice Lispector en español. El conejo que sabía pensar e La mujer que mató a los peces. Eran un tema pendente-un pracerciño reservado que esta tarde tiven a sorte de darme gracias a un traballo esporádico nunha librería especializadísima en infantil. Nena de 6 a 8 anos fun, arruñando o nariz canda o coelliño, pero a verdade esperaba máis salvaxismo tipo Lispector. Máis descontrol nos fiíños caendo das mans abertas… como dixo unha amiga "¡que bruta no conto da muller que mató a los peces!" ...fala de todo tipo de mortes a nenos desta idade: as dos peixes e as dos cadeliños, a dunha moniña… describe accidentes e pelexas así de crúas porque lle gusta ser sincera cos nenos porque os respeta, dí.

sábado, 12 de xullo de 2008

Ruta punk



Nas miñas maus un disco de colegas punkeirísimos que intercambian instrumentos e funcións para dar renda solta á súa creatividade e converterse nunha mesma tarde-nunha mesma grabación en 6 grupos diferentes, o resultado do experimento: ACEITUNES FOR FUCKER (VOLUME 1). Noraboa! a edición con postercito con letras, guachafitesca explicación ficticia de cada grupo-proxecto e ata un poema de rabiosa ironía hardcoreta.

ESCORIANMAHU Ediciones
CDR (100 copias) - 2euros c/u
Pedidos a: APDO. 2576 - 28080 MADRID
caos_final@yahoo.es


A QUE OKUPA PREOKÚPASE

As reactivas rapazas da C.S. Atreu e da Casa das Atochas invíatenme a pasarme pola casa da Queerunha para coñecernos: están poñendo en marcha unha radio livre e teñen abertos numerosos proxectos. Así que anoto na miña axenda contactar con elas cando estea pola terra, pero animo a todas as que vivan en Galicia a que participen nun proxecto que polo que vexo vía lista de correo está activísimo, nun espazo (as Atochas) increiblemente acondicionado polo miúdo.
E por Madrid...
achégome á asamblea da PSO Malaya para ver que se coce alí e se podo facer radio: un proxecto soñado ó que poder dar forma en colectividade. Corren rumores de que para facer algo neste espacio hai que autoinculparse, e varios colectivos expoñen a dúbida. Ó final da reunión non nos queda claro se este é un requisito indispensable para acceder ó espazo e desenrolar proxectos sociais, pero si saimos dalí algo desencantadas, pensando que sería un sacrificio dabondo comprometido para que todo o mundo poda e queira realizalo. Están ben as premisas propias dun colectivo que asume o risco da okupación - non son quen de xulgalas- pero non todo o mundo pode entrar por esa porta e este sistema de selección si que me fai pensar.

Calquera cousiña a: nana_coromoto@hotmail.com
Invítovos a unirvos á lista de correo LAZOS PANTERA

mércores, 18 de xuño de 2008

De como descubrín que seguía en Kansas



Por fin en Madrid e por fin nas miñas maus. A tarde foi verde e roxa, preciosa. Miraras onde miraras ulías o pintalabios, cegábate o tecido turquesa, manchaba a escarcha de Dorothy, elas eran abrazadas por veludo de musgo sillón.
Poemas cheos de luz. Recitados de medo. Nunha librería-casa. Todo co selo de La Bella Varsovia: entusiasmo e acollida.

luns, 16 de xuño de 2008

venres, 13 de xuño de 2008

martes, 20 de maio de 2008

"A vida violenta" fanzine





Nace o fanzine "A vida violenta" para autoeditarme.
Contos, poemas e colaxes para proxectarme ó mundo.
Cada número unha creación que revoloteaba no caixón ou que foi creada específicamente para ver a luz de súpeto. Proxecto que renova formato en cada número, aberto a ser compartido con outras/os.
O primeiro número o meu "Pecadiñorixinal" en forma de mazaíña.

1ª edición de 20 copias.
Cartulina verde mazá recortada e texto impreso.
Fotiño de Betty Page que inspirou o conto.
Seliño de corazón salvaxe debuxado a man.
-0.30 euros en man ou tendas.
-0.30 + gastos de envío, por correo.

Escribídeme a corazonsalvaxe@yahoo.es
Pinchade aquí pra ler a traducción ó castelán do conto.

sábado, 17 de maio de 2008

Falabamos o outro día de o feito de que houbera varias esferas no mundo da arte, en realidade partíamos da música: unha, a recoñecida; outra a independente e outra, a subterránea. Esta última é incluída na indi ou simplemente ignorada, se é que para algún medio chega a existir. A maior parte de persoas que traballan para medios independentes non buscan nin rebuscan, parecen facer o seu traballo (que a maioría de veces escolleron por pracer, case todos son xente que non vive diso e que se pode escribir neses medios é porque é --- de --- de---- ) e por nada máis. incluída na

venres, 16 de maio de 2008

Radiando...


Mañá vou a un taller de radio, e buscando información sobre o que fan en Radio Vallekas as miñas profes de mañá atopei Radio Tierra de Chile, e nela unha extensa e interesantísima entrevista a Gioconda Belli.
Recoméndovos tamén o precioso programa de "Pasión por el ruido" se vos interesa o punk, e "Sopa de poetes" dende Cataluña se vos move a poesía.
¡Que ganas de aprender!