Acaban de sair dous libros para nen@s de Clarice Lispector en español. El conejo que sabía pensar e La mujer que mató a los peces. Eran un tema pendente-un pracerciño reservado que esta tarde tiven a sorte de darme gracias a un traballo esporádico nunha librería especializadísima en infantil. Nena de 6 a 8 anos fun, arruñando o nariz canda o coelliño, pero a verdade esperaba máis salvaxismo tipo Lispector. Máis descontrol nos fiíños caendo das mans abertas… como dixo unha amiga "¡que bruta no conto da muller que mató a los peces!" ...fala de todo tipo de mortes a nenos desta idade: as dos peixes e as dos cadeliños, a dunha moniña… describe accidentes e pelexas así de crúas porque lle gusta ser sincera cos nenos porque os respeta, dí.

Ningún comentario:
Publicar un comentario