[Debuxiño e foto miña]
Unha colega escritora Carmen G. de la Cueva, adicada en corpo e alma á literatura e ao feminismo (podedes velo na súa completísima web La Tribu de Frida aquí, e de paso esperar un post meu onde falarei dese traballo polo miúdo ;) pídenos opinión sobre o libro de Lena Dunham I'm not that kind of girl, a varias escritoras e editoras por ser "jóvenes potencialmente
identificables con Dunham". Ao castelán traduciuno Espasa, en galego non o hai, pero se tedes acceso ao mercado brasileiro que non portugués, existe unha tradución Não sou uma dessas: uma garota conta tudo que “aprendeu”*
Non son unha grande fan de Girls pero paréceme chapó
que ao igual que en Sexo en NY se fale de amor&sexo, amizade entre mulleres e feminismo sen pudor, crítica e cínicamente na
TV ( as únicas precursoras foron as Chicas Gilmore). O que pasa con Girls é que para desfrutarla, eu, teño que facer ouvidos xordos
cando a prota se queixa de precaria... ;( etc Pois aínda así aceptei o
convite de Carmen e púxenme a ler o libro. Despois ela fíxonos unha pequena entrevista para saber qué sentimos ao ler o libro da GIRL por excelencia, xa que ela mesma quedou sorprendida ao lelo. Coido que esperaba máis, pero foi misteriosa ao respecto, porque quixo saber a nosa opinión primeiro. A partires de mañá na súa páxina poderedes saber o que pensamos todas sobre o libro. A min resultoume interesante o traballo que Lena Dunham fai mesturando arte e vida coa técnica da creative nonfiction" que nel desenvolve.
*[Notiña á marxe: Pescudando as edicións, atopei
bastante información no espazo virtual .br sobre o fenómeno Dunham, e
lembrei de paso que vai anos, cando buscaba bloggers con libro ou
escritoras con diarios virtuais que se editaran como libro, Brasil era
unha das miñas referencias principais. Ten toda a pinta de ser un país
onde se traballa a reo, haberá que tomar nota e ir dar unha volta por
aló ;)]
Ningún comentario:
Publicar un comentario