[Foto miña]
Interludio en Berlín (Pre-textos, 2014) é un libro sobre a perenne ferida dos viaxeiros: a insatisfacción. Un libro sobre deixar que o amor esmoreza á luz dunha outonal cidade estranxeira. Ese amor panstasma dun corpo que pasa. A viaxeira quere ser querida, pero non sabe facer fogar, só tece palabras. A viaxeira contempla. Podería dicir que iste é un texto de prosa poética se a voz poética non estivera fóra de todo: para pechar as brevísimas historias ás que nos achega usa golpes de efecto ao final dos poemas . Lémbrame aos finais sorpresa de Chus Pato en Heloísa. Deliciosos en ámbolos dous libros.
Coma un río serpea por entre os montes ou un anxo dende o ceo contempla este Berlín ao que foi expulsado, este libro enrédase non se recorda, e pide ser lido unha e outra vez. A voz poética deliberadamente feminina consegue atraparnos con esa ansia morna por fóra, afiada por dentro, que doe no peito, pero se desfruta como lectora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario