Páxinas

luns, 17 de novembro de 2014

Imago escritora


La pupa es el estado por el que pasan algunos insectos en el curso de la metamorfosis que los lleva del estado de larva al de imago o adulto. A diferencia de los otros dos, el de pupa es un estado de relativa inactividad aparente. Muchos se ocultan o encierran en una cápsula para protegerse mientras los órganos juveniles se reabsorben y el organismo adopta una estructura totalmente distinta.
Antes de chegar á metamorfose, cando era esperada, o ritual cotiá era mirar ao ceo de cando en vez e despois abrir a tapa do bureau e escribir tranquilamente. Outra profesión abría o camiño dos soños. Non quero vivir da arte, quero a miña liberdade. Este ceo debe ser transmitido de tódalas cores que é, non quero a obriga de pintalo sempre azul. No lugar de como din que é, sentir o reflexo da luz.
Despois da metamorfose, cando a voz naceu e foi recoñecida, cando o medo a asinar xa non estaba, cando ser papel e non só a máquina de escribir na casa foi máis que reto pracer, despois disto, chegou a dor. A inquedanza. O roubo. A usurpación do tempo por conta allea. O silenzo frente á necesidade da creación.
E continúa agora o azoube do ritmo antinatural. Cae a noite e seguimos vendendo libros. Os libros non se fan sos: onde cándo e por quén son escritos. A quén pertence o tempo, ese dereito? Por qué están castigados aquí sen cea? Ou son os nosos estómagos os que roxen na libraría?
Ista rede de trata, ten como excusa para o abuso a supervivencia da especie. Hai que calar se queremos seguir e idear un xeito de escapar, e logo si, contar a nosa historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario