O meu novo libro de poesía xa está aquí. Grazas a HAZ e a Barbantesa.
A morta é unha reflexión, esaxerada e hipnótica, sobre a pureza e o valor que lle damos. Un canto baixo a auga. Unha voz que laia na ruptura coa adolescencia ao saberse corpo e ao vivir o amor coma renuncia. Desacougo, metamorfose, descubrimento e reacción. Pero tamén a luz aparece ao nomearse: o xeito é importante, non só o xesto. Así, o eu poéticomergúllanos no claroscuro das ondas e debátese entre a terra e outro estado líquido.
Título: A mortaEditorial: Edicións BarbantesaEncuadernación: RústicaColección: --Páxinas: 72Ano de publicación:Ilustración da cuberta: HAZISBN: 978-84-938859-8-4Xénero: PoesíaObservacións: Edición ilustrada por HAZ.Data de publicación: Abril 2012.
Pódese conseguir nas librarías Galegas e pola rede, por exemplo, aquí, na Lonxa de letras
Orballo sobre serpesde rostro impenetrábelespellismo vivo encabelos de volcán
(...)
Nas algas que envelenanesta sede en esperarepta a punto de nevefondo mareo veludo.
(...)Bela por sobredoseconvulsión translúcida
mentres o lume expiradiamante raiado ou sodio(...)
Sacudida de pálpebras
e longa trenza ao vento
orgánica escada
para o rapto do corpo.
(...)
Colonia serrada de
endurecidos pólipos
de oralidades dobres
espellos palpitando.
agotado en na Lonxa de Letras
ResponderEliminaroh!
ResponderEliminar