Páxinas

luns, 7 de maio de 2012

"A morta". Poesía subacuática




O meu novo libro de poesía xa está aquí. Grazas a HAZ e a Barbantesa



 A morta é unha reflexión, esaxerada e hipnótica, sobre a pureza e o valor que lle damos. Un canto baixo a auga. Unha voz que laia na ruptura coa adolescencia ao saberse corpo e ao vivir o amor coma renuncia. Desacougo, metamorfose, descubrimento e reacción. Pero tamén a luz aparece ao nomearse: o xeito é importante, non só o xesto. Así, o eu poéticomergúllanos no claroscuro das ondas e debátese entre a terra e outro estado líquido.

NOVIDADE 
Título: A morta
Editorial: Edicións Barbantesa 
Encuadernación: Rústica
Colección: --
Páxinas: 72
Ano de publicación
Ilustración da cuberta: HAZ
ISBN978-84-938859-8-4
Xénero: Poesía
Observacións: Edición ilustrada por HAZ.
Data de publicación: Abril 2012.





Pódese conseguir nas librarías Galegas e pola rede, por exemplo, aquí, na Lonxa de letras



Orballo sobre serpes
de rostro impenetrábel
espellismo vivo en
cabelos de volcán





(...)




Nas algas que envelenan
esta sede en espera
repta a punto de neve
fondo mareo veludo.



(...)


Bela por sobredose
convulsión translúcida
mentres o lume expira
diamante raiado ou sodio



(...)



Sacudida de pálpebras

e longa trenza ao vento

orgánica escada

para o rapto do corpo.



(...)


Colonia serrada de

endurecidos pólipos

de oralidades dobres

espellos palpitando.


2 comentarios: