Rookie di que tódolos vraus le as virxes suicidas. Rookie di que se vai pegar unha homenaxe. Como se dirá en galego moderno. Rookie anota no seu caderno e logo sae e pásao bomba, aló detrás da casa, coa súa cámara colgada, desfacendo o mundo e refacéndoo estética e simbólica e ideolóxicamente ó seu xeito. Cando digo ideolóxicamente penso nas ideas. Penso na miña alerxia á tiranía da sabiduría. Ás veces dame ganas de non ler un libro máis. En realidade penso que manteño isto, que o levo por bandeira, o de ler aos sabios, ás sabias. Todo coñecemento proposto como digno de ser aprendido faime desconfiar. Desconfío das herdanzas obxectivas -o nome abstracto deste adxectivo non existe-. Desconfío das formas de toda persoa que confía na Historia, por exemplo. Claro que logo trato de non sacar espada algunha, de non xulgar, de non pensalo para min, e respetar, respetar... pero os primeiros graniños dunha alerxia crónica non poden evitar proer na miña mente. Pero ráñoos un pouquechiño e de seguido, coa canción ben elexida e o borrón da xulgadeira feito, desaparecen por completo.
[foto miña: b. no 2010 cando voamos para ver a Pipilotti, cunha das súas camiseta-declaración, belísima!]
Ningún comentario:
Publicar un comentario