xoves, 29 de setembro de 2011

STOP! in the name of love!!!

Volvemos á postadolescencia. Ou foi na adolescencia? cada vez que ela me mira. Me mira así volvo aos vinte anos. Volvo a aquela noite na que eu non podía parar de mirar TaxiDriver. Aquela noite na que S. decidiu lanzarse e el, el levaba tempo agardándonos a unha de nos, ou ás dúas.O seu vivir hetero, no lugar de sumarse á disidencia, fixese o que fixese entre as sabas, nos calexóns ou na ducha -el pregaba por ser un deles- eu non o comprendo. Unha das nosas! metamorfóseate dunha vez, quería dicirlle eu cando había tarde de confesións. Pero cando ela me mira como o fai, eu volvo ter vinte, a estar tola por el, a permanecer persistir virxe e disidente, esa noite de TaxiDriver na pantalla: eu no chan e el&S. entre as máis revoltas que vin nunca; ó sair daquel cuarto, cando por fin o anxo ergueume a testa coa súa Vinganza des-controlada. Luz azul do video, escudo protector. Carne de galiña, película contra piropos. Lentes de sol de noite, anti-miradas líquidas. Así, así non deixo que pase nada a través destes poros descubertos, e manteño as escamas ben adentro, ocultas  trala pel enrugada, dura e viva, das miñas botas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario