xoves, 26 de maio de 2011

smfkjdfksdfsldtieortcerj gfasmd



Vimos facer política??? seica o persoal é político, e ademáis se non o esquecín son punk. 30 graos e non sacamos as medias, non sacamos as botas, e botamos enriba a americana -chapa everygirlisariotgrrrl mediante-. Vimos facer política grande? politica máis aló dos corpos ou a partires dos corpos? Política co corpo!... Vimos namorarnos 7 veces como di R. -pequecha, ochenteira e loura, toda unha revolución á hora de rachar o espazo propio, encántame!-  mentres eu asinto mirando de esguello as peles (a túa pel-a túa pel-tan preto-tan lonxe-tan preto...) entre queimadas e suorosas neste lusco e fusco atroz..., ou a que ***vimos a Sol?
Queremos perder a enerxía trans? a enerxía futura, das que saben algo qu eu non sei dicir pero sinto? Vimos roubárllela voz ou unirnos a elas, aprender e namorarnos da súa enorme Rebelión ou vimos mesturarnos coa mesma sociedade que nos espera aí fóra, aquí dentro en pequeno, en negro, nos ollos achinados sexytraballocompartidoeasambleario?... a que vimos aquí con esta calor???



[Fotiños, a primeira roubada e merydiano flirck e as outras a rebelíón de Emin dentro das tendas...amosada na súa obra Everyone I Have ever Slept With; xusto antes de deixar a lona, a comisión, hoxe alguén montou unha tenda de campaña dentro dela -igoaliña a esta, algo máis grande- e todxs pensamos (a un tempo!) no amor nouturno ;D]



Ningún comentario:

Publicar un comentario