mércores, 25 de maio de 2011

>>>PLAY>>>



Fanme sorrir as pequenas e as grandes nas asambleas cando comentan (superficialmente, non imos adicar tempo a iso!) que o Feminismo está a ser mirado de esguello e ás veces cuspido por detrás (na ACAMPADA). Faime sorrir que elas o vivisen como algo real, algo que se nomea no seu día a día. Que de tanto estar na burbulla esta se convirta nunha grande pompa real! ja! eu, que pouco me importa o non nomearse e transito o día a día dos traballos de batalla e de 40.000 horas -pouco tempo me deixan para asamblear, eles e a miña timidezinseguridade- non o sentira así case nunca! en Granada, en Barquillo, coas pequenas nas minifestas, no Ladyfest, claro, isto é, nas burbullas que convocan as valentes das que estou a falar... pero despois, nas rúas? sempre é o que está a pasar aquí, incomprensión (=desinterés) e comentadeira calificativa! pero a quen lle importa!!! Tanto me ten porque o que verdadeiramente me importa é que o F grande, o transF (agora xa trans para sempre!) mova conciencias e vidas, que sega a facernos mudar de cidade, que sega a causarnos arrepíos e amores espontáneos, que sega a ser unha doce fantasía ser levantada do chan pola polícía como unha sufraxista, jeje... (non vos asustedes que teño esa etapa superada!). Máis ben estou interesada na rebelión dos corpos que propoñen as futuras, por moito que o meu estea en STAND BY!!!)
*
Saide da burbulla e volvede bicar o chan onde se pousou correndo, grrrls, que non vos enteirades!!!





[Fotiños: a miña fantasía de ser levada pola poli así, qué ganas de pedalexar no ar, ja!; e declaracións de principios nas camis do mundo: anónima belísima e a anne kelly importatísima pra min de femalepersuasion!]


Ningún comentario:

Publicar un comentario