Hoxe na uned, escuelas pías (tribulete) ás 18.30-19.00 lerei un microrrelatiño escrito nas xornadas de Granada (gora as medeak!, aínda que o textiño non é nada queer, uf! sempre no medio da nada!) e en canto rematemos, correndo para SOL!!!
Outras Letras Galegas
Martes 17 de mayo de 2011 Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (41 votos) Envíando datos... Espere, por favor. Gracias. - + Enviar Imprimir Volver I maxinen un 17 de maio laborable no que nos traballos organicemos, por exemplo, un «amigo invisible» de regalar libriños galegos. Unhas Letras Galegas sen unha maratón de concursos, ofrendas florais e himnos. Un mes de maio sen ter que buscar en enciclopedias, wikipedias e galipedias, despois de cear, os detalles máis ínfimos da vida de escritores mortos hai máis de dez anos para que os nosos fillos poidan levar os deberes ao día e durmir o tempo necesario.
Imaxinen un maio no que nos centros educativos se fagan murais sobre a literatura galega porque é a nosa, e non por recomendación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Imaxinen unhas Letras Galegas nas que a homenaxe sexa, así en xeral, a toda a literatura galega. Imaxinen unha celebración pola galeguidade, pola lingua e pola cultura que non dependa das liortas e debates de trinta académicos e académicas. Imaxinen que para celebrar a literatura galega non precisamos máis homenaxes que aledármonos porque, malia Galicia Bilingüe, malia o decreto de bilingüísmo, e malia todo, temos unha lingua viva e unha cultura fascinantemente dinámica. En fin, imaxinen que aínda temos unha oportunidade para non morrer de letragaleguismo.
E aproveito para pedir que, cando leve máis de dez anos criando malvas e alguén propoña que toca lembrar a Inma López Silva, os meus herdeiros lean esta columna de hoxe a modo de manifesto.
INMA LÓPEZ SILVA
Ningún comentario:
Publicar un comentario