luns, 30 de maio de 2011
Paris la nuit
De Madrid ao ceo (a cifra de Atenas nin me atrevo a dicila...!); esta noite Paris viviu o subidón e da nube xs baixaron a paus (como non... cústalle tanto a algúns comunicarse coa lingua de signos nas asambleas... que xa imaxino o que tardarán xs políticos-a policía en entender que non hai que usar a Violencia...)
pero volverán... boa noite, belas e belos, que hai que descansar!
domingo, 29 de maio de 2011
Rumbo ao verán do amor
espero encontrarme con usted como una tonta imagino
que eres una bala y eres los manifestantes y me visto
BERTA GARCÍA FAET
muda o vostede e deixo de soñalo. Códabo con cóbado, cabeza con cabeza moito mellor! iupi! aprendo o plural e sobrevivo á primavera con nota!!! e iso que aínda queda, pero xa podo dicir que Progreso Adecuadamente, jaja!
[Fotiño da mani miña, fotiño da acamapada roubada onde aprendín a beleza dos latexos plurais, graffitti de mujeres creando e imaxe de mozas mergulladas no Sip my ocean/Sorbe o meu océano de Pipilotti Rist!]
U de Unha
Aquí un chisco do espíritu dos barrios e os pobos que hoxe puxemos en conxunto de 12 a... na asamblea xeral!
Tamén vos deixo un poema meu sobre amorrevolucionario que escribín fai un aniño e medio máis ou menos!
Boa tarde, rebeldes!
CINTO NEGRO
Eclipse
sobre un campo de mapoulas
negras como o cinto
que agochamos baixo a cama.
Temos moitas caras
está a bonita e sucia, a intrépida e luminosa.
Non sabemos endurecer a expresión,
a sesión comeza e esta cuncha non se desfai
da súa sentimental educación.
Cómo ser unha profesional
recrutada para manchar.
Cómo ir sempre vestida de loito
e non deixar de quentar.
No amor e na liberación sexamos unha.*
*Verso dunha canción homónima de Ruído de rabia.
Nunca choveu que non escampara!
Miña nai, que emocionante, cando a semana pasada comezou, comezamos que agora xa é unha casiña amoblada todo Sol!!! (no minuto 2.40 deste video que vos enlazo nas palabras TODO SOL, inspección de sanidade aprobada!!!)
aisssssssssssssFinalmente atopo á GALICIANREVOLUTION! xa era hora... aquí vai amigxsssssssssssss
V de valente!
Trocamos a V de Violencia pola V de Valente: heroa fantástica e imprescindíbel contra os golpes que repartiron os corpos de seguridade ¿? (aquí non se pode cambiar a palabra seguridade por respecto porque non significa nada, non significa seguridade nin coidado nin nada que conleve convivencia e arranxo de nada...puag!) do Estado aos acampadxs de Barcelona (tamén outras localidades de Cataluña foron desaloxadas, pero que eu saiba non houbo o follón de Barcelona) que deixou a moitxs feridxs e a un rapaz que está moi grave e que foi operado polas feridas dun disparo dunha bala de goma! (sen comentarios,grrrrrr) que se recupere xa!!!
E xa que vai de Vs, enlazo o comunicado dxs detidos do 15M que pon a pel de galiña...
Agora a empoderarse que senón non se pode! AcampadaSol comunicará en breve as súas propostas sobre estes importantes e desagradábels feitos!
Aquí a afouteza desta señora belísima feita palabra: (graaaaaaaazas!)
Fue tanta la rabia que sentí al ver tratados de esa manera a unos chicos que llevaban días mal durmiendo y mal comiendo, luchando de forma pacífica por una sociedad más justa, en la que todos tengamos los mismos derechos, en la que no tenga cabida los políticos corruptos ni los Alcapone del dinero.Sentí tanta rabia, que por un instante pensé: ” a ellos los haréis correr pero a ver si sois capaces de hacerme correr a mi, porque o frenas o ya veremos qué pasa, porque no pienso apartarme. Y sin apenas darme cuenta me planté en medio de la calzada con mi pequeña octavilla levantada donde podía leerse “resistencia pacífica”; SEGUIR LENDO>>>
sábado, 28 de maio de 2011
Queima os cartos e baila!!!
O cachiño que puiden quedar hoxe á asamblea transF nosa, regaloume outra perla do por qué do Sol, do sentido de todo isto e da absoluta crenza que levo para a vida sobre os bailes: que me quiten lo bailado será para sempre quema el dinero y baila! yeah! (por serto...a esta xente de azul faille falta moito baile, claro que para o movemento libre da danza terían que deixar de carrexar eses pesados armamentos e ferramentas variadas, ademáis de levar uns traxeciños máis lixeiros... teño a(o)s amigxs indignadxs, pero eus simplemente fliiipo!)
Subín á estación do metro Solución recén chegada de Barcelona e atopei a milleiros de persoas con flores nas maus berrando, BARCELONA NO ESTÁS SOLA!!! emocionante, non o podía crer, en Madrid berraban por nós! e unha bágoa pequerrecha escapóuselle mentres nolo contaba...
Que isto non é nada? probade a vivir unha asamblea na que xente de todas as idades e feminismos consensuan propostas que apelan á necesidade de rematar co baleiro legal dxs que exercen a prostitución (consensuados tamén os termos nos que se fala disto, como vedes a medio camiño entre o recoñecemento e a indignación!)
Aínda vos parece pouca cousa? probade ler isto na asamblea xeral e visualizade as mauciñas (dos, dás e des) aplausos erguidas neste punto quentísimo tamén!!! consenso total!
(isto último contáronmo que eu non o vivín!!!)
ale, a durmir -cun enoooorrrrrrrrrrme sorriso- que mañá máis!
[pd: ah, e se istes desaloxos (ou a súa reproducción en diferido) non son unha estratexia rara (ou sinxela: que papiemami nos digan que coidado e que para a casa/ ou mesmo nosoutras sozinhas o pensemos!), outra razón máis para que Sol teña un fermosísimo sentido: a tv xa retransmite a V de violencia! (tampouco o vin: I hate TV!) // Agora si: gur nite, sweeties!]
Todo, todo, todo!
Mínimos?
Querémolo todo e querémolo agora!
Incrible o video do comezo: no podemos poner tiendas de campaña, ¿vale? probablemente, porque entonces nos van a echar en dos segundos... uaaaaaaaaaaaa. E vos parece pouco o conseguido!!!
venres, 27 de maio de 2011
Caraveis e outras flores!
Todxs con caraveis a Sol a protestar contra a violencia no desaloxo das prazas en Cataluña.
Estarei convosco nos meus febrís e laborais soños, logo a correr como cada noite cara o Sol!
"Pintalabios" no Faro da Cultura
Se o outro día foi un artigo de Vicente Araguas no Diario de Ferrol que falaba do recital das letras que demos no Centro Galego da Praza Jacinto Benavente aquí en Madrid (como podedes ver xa son madrileña, non coñezo ningún outro lugar no que o "aquí" vaia acompañado do nome da cidade e sexa unha frase feita!), onte foi unha recensión de Héitor Mera no Faro da Cultura do Faro de Vigo o que escribía sobre poesía, concretamente sobre Pintalabios. Ben bonita a reseña e atinadas anotacións sobre intencións e segredos revelados...
Aquí vola deixo, a ver se consego jpg ou textiño do artigo de Vicente (ou me poño a transcribilo!) para que o poidades degustar!
Ah, por se lle interesa a alguén o 11 de Xuño sábado estarei na caseta 86 da AEG (Asociación Galega de Editores) na FEIRA DO LIBRO DE MADRID asinando exemplares de Pintalabios ás cinco da tarde!
[Grazas Manuel por facermo chegar a primeirísima hora! fotiño by me: arañeira de árbores que rañan as miñas meniñas-a miña pel na época na que escribía Pintalabios ]
xoves, 26 de maio de 2011
#cabemostodas
O belo de Sol é que nel cabemos todas. Onte baixei con C. e estaba absolutamente revolta pola situación da inmigración aquí, polos problemas nas fronteiras europeas, polos cintos no corpo que non deixan sair do territorio español mentres non tes tarxeta de residencia. O que tarda esta tarxeta cando fas todo o que tes que facer, a falta de transparencia no sistema, que che din 3 meses e son 8, o feito de que se es de un país branco a poli cecais cando es totalmente ilegal non te detén. Pero se vés de países máis escuros, o máis seguro é que pases a noite (e os restantes días) nun terríbel CIE deses.
Aquí están os saharaiuis, reivindicando unha terra libre, un Sáhara propio, pedíndolle responsabilidade ao goberno español. Xuntas & Revoltas sempre, porque cada unha debe buscar o seu espazo - a súa comisión- , debe transitar as asambleas saiamos queimadas ou non (e buscar as listas onde asinar polo que cree, importante!), debe preocuparse por acudir ao chamamento de se reunir por barrios o sábado 28 ás 12 da mañá... se queremos e estamos claro. Se podemos e nos entusiasma, que isto non vai doutra cousa: vai de vidas, vai de pasos, vai de desexos e tarefas cotiás. Vai de colaboracións e extensións dos tentáculos, vai de seguridade respecto e intensidade. Seguimos a vernos nas rúas, seguimos a vernos no Sol, sempre rumbo ao Sol!
[fotiño roubada a gaelx! a primeira, a segunda atopada pola rede...]
smfkjdfksdfsldtieortcerj gfasmd
Vimos facer política??? seica o persoal é político, e ademáis se non o esquecín son punk. 30 graos e non sacamos as medias, non sacamos as botas, e botamos enriba a americana -chapa everygirlisariotgrrrl mediante-. Vimos facer política grande? politica máis aló dos corpos ou a partires dos corpos? Política co corpo!... Vimos namorarnos 7 veces como di R. -pequecha, ochenteira e loura, toda unha revolución á hora de rachar o espazo propio, encántame!- mentres eu asinto mirando de esguello as peles (a túa pel-a túa pel-tan preto-tan lonxe-tan preto...) entre queimadas e suorosas neste lusco e fusco atroz..., ou a que ***vimos a Sol?
Queremos perder a enerxía trans? a enerxía futura, das que saben algo qu eu non seidicir pero sinto? Vimos roubárllela voz ou unirnos a elas, aprender e namorarnos da súa enorme Rebelión ou vimos mesturarnos coa mesma sociedade que nos espera aí fóra, aquí dentro en pequeno, en negro, nos ollos achinados sexytraballocompartidoeasambleario?... a que vimos aquí con esta calor???
[Fotiños, a primeira roubada e merydiano flirck e as outras a rebelíón de Emin dentro das tendas...amosada na súa obra Everyone I Have ever Slept With; xusto antes de deixar a lona, a comisión, hoxe alguén montou unha tenda de campaña dentro dela -igoaliña a esta, algo máis grande- e todxs pensamos (a un tempo!) no amor nouturno ;D]
Queremos perder a enerxía trans? a enerxía futura, das que saben algo qu eu non sei
[Fotiños, a primeira roubada e merydiano flirck e as outras a rebelíón de Emin dentro das tendas...amosada na súa obra Everyone I Have ever Slept With; xusto antes de deixar a lona, a comisión, hoxe alguén montou unha tenda de campaña dentro dela -igoaliña a esta, algo máis grande- e todxs pensamos (a un tempo!) no amor nouturno ;D]
mércores, 25 de maio de 2011
>>>PLAY>>>
Fanme sorrir as pequenas e as grandes nas asambleas cando comentan (superficialmente, non imos adicar tempo a iso!) que o Feminismo está a ser mirado de esguello e ás veces cuspido por detrás (na ACAMPADA). Faime sorrir que elas o vivisen como algo real, algo que se nomea no seu día a día. Que de tanto estar na burbulla esta se convirta nunha grande pompa real! ja! eu, que pouco me importa o non nomearse e transito o día a día dos traballos de batalla e de 40.000 horas -pouco tempo me deixan para asamblear, eles e a miña timidezinseguridade- non o sentira así case nunca! en Granada, en Barquillo, coas pequenas nas minifestas, no Ladyfest, claro, isto é, nas burbullas que convocan as valentes das que estou a falar... pero despois, nas rúas? sempre é o que está a pasar aquí, incomprensión (=desinterés) e comentadeira calificativa! pero a quen lle importa!!! Tanto me ten porque o que verdadeiramente me importa é que o F grande, o transF (agora xa trans para sempre!) mova conciencias e vidas, que sega a facernos mudar de cidade, que sega a causarnos arrepíos e amores espontáneos, que sega a ser unha doce fantasía ser levantada do chan pola polícía como unha sufraxista, jeje... (non vos asustedes que teño esa etapa superada!). Máis ben estou interesada na rebelión dos corpos que propoñen as futuras, por moito que o meu estea en STAND BY!!!)
*
*
Saide da burbulla e volvede bicar o chan onde se pousou correndo, grrrls, que non vos enteirades!!!
[Fotiños: a miña fantasía de ser levada pola poli así, qué ganas de pedalexar no ar, ja!; e declaracións de principios nas camis do mundo: anónima belísima e a anne kelly importatísima pra min de femalepersuasion!]
martes, 24 de maio de 2011
Carta a unha descoñecida
F-eronomas, dándolle un empurrón á metamorfoxxe! ;D
[hoxe asamblea + festa-destrucción a carón de Sol + volta á praza!; na fotiño Lady Grape!]
[hoxe asamblea + festa-destrucción a carón de Sol + volta á praza!; na fotiño Lady Grape!]
Si, si, si
Importante o protocolo de desaloxo por se... (e aquí un chisco de paz&amor para o día a día); toda a info das asambleas de barrios e pobos aquí! difundide!
[Todas as fotos agás a segunda, roubeinas de B.L Flirck! merci!]
luns, 23 de maio de 2011
Aprendendo o alfabeto de novo
Nosoutras, que viñamos da praza, de aprendermos a sorrir cando te empuxan, de recoller lixo espontáneamente, de colaborar coa comisión de respecto. De compartir augas, sombreiros, humidificadores mentres asambleamos, sorríndonos, falando como cando te coñeces. Nós, punkies que viñamos da praza de abrazarnos apretarnos, de aprender un novo e intensísimo xeito de saudarse e despedirse -andaba algo perdida nisto con algunha que outra, pero agora xa vexo que é contextual ;D, ja!- no lugar de saltar cando alguén a carón teu di algo que non che gusta, no lugar diso, falar, no lugar diso escoitar, no lugar do medo, colaborar... Angélica foi un choque coa dura realidade, coa esencia punk da rebelión, co nihilismo extremo e o odio en estado puro... e que ben veñen estas xerras de auga fría, para unha beira e para outra: do feminismo ao traballo na comunidade mixta, da autodefensa ao respecto (seguridade) previo e para a colectividade, da exaltación da feminidade en positivo, á beleza do corpo TRANSformado-a mente lúcida-a realidade mantida a raia! SIIIIII, adeus mundo punk-violento e violáceo, adeus ataque por defensa, adeus ideoloxía do medo... non temades, non me volvín hippie, pero vou permear algo diste cambio pelciña abaixo, e deixala correr, a ver en qué burato-poro cae e como muda o meu corpo xa cheo de escamas... cada unha leva unha letra (unha nova palabra, ou resignificada?), neste proceso de alfabetización inevitábel...
La idea del alfabeto siempre me había atraído. Hay grandes alfabetos como el de Deleuze. De pronto me vi con cuarenta y dos años sentada en un pupitre aprendiendo francés repitiendo las letras como una niña. Yo quería liarme a tiros con el mundo pero al mismo tiempo tenía un libro con dibujitos infantiles delante de mí, mon pantalon est rouge, la table est à côté de la fénetre, etc... Era una ironía dramática!!!! Pero yo quería saber cómo se decía Odio, Rabia, Dolor, Desconfianza.... Se unió el aprendizaje de una nueva lengua con una necesidad de renombrar el mundo desde un profundo sentimiento de desgarro de lo humano, de desprendimiento, de aislamiento, de rabia, de odio...
un elogio a la soledad
Jeremías 17:5
“5 Así ha dicho Jehová: Maldito el varón que confía en el hombre, y pone carne por su brazo, y su corazón se aparta de Jehová.
6 Será como la retama en el desierto, y no verá cuando viene el bien, sino que morará en los sequedales en el desierto, en tierra despoblada y deshabitada.
7 Bendito el varón que confía en Jehová, y cuya confianza es Jehová.
"Un mundo demasiado pequeno para as túas ideas"
Ver sair o sol esta semana... siiiiii, aquí seguimos co corpo e o corazón revolto, coas ganas intactas e o traballo berrando como unha teteira gordecha!
domingo, 22 de maio de 2011
Drama queen
Me asombra lo devaluados que están los sentimientos, lo cobarde que se vuelve la gente frente a la belleza, el llanto, el dolor, la pasión. Me asombra lo orgullosos que están de su displicencia, su indiferencia, su superioridad, su frialdad... Me asombra y me entristece. No existe mayor revolución que la de los sentimientos, hay que ser un auténtico guerrillero para hablar del amor, hay que ser un valiente, un indomable, un coloso, voy por la selva con un cuchillo entre los dientes y digo... te amo, te amo, te amo...
angélica liddell.
Qué ganas, por se fora pouco a revolución que namora, vén o teatro para xa rematar cos nosos salvaxes corazóns! e corpos!
[xa de volta...aquí vos deixo a versión francesa, máis interesante na letra que a hispánica!!! que se canta en Maldito sea el hombre que confía en el hombre!]
sábado, 21 de maio de 2011
venres, 20 de maio de 2011
Na acampadaSol sen pegar ollo
Seguimos, el ambiente sigue siendo increíble. Se tiene que mantener así, no podemos dejar que nos estropeen lo más bonito que hemos hecho.
hace 3 horas » acampadasol acampadasol
Sigue llegando gente dispuesta. Esto es maravilloso. #estoesreflexion
hace 3 horas
a comisión de
graaaaaaaaaaaaazas infinitas, P!!!
[fotiño de onte 18 ]
xoves, 19 de maio de 2011
Días de furia e amor!
non é que me interese sacar á luz o dos medios oficiais ou estranxeiros pero esta fermosísima foto onde se ve perfectamente o campamento - vila, como eu a chamo- que montamos coas nosas propias mauciñas, entre todxs, todxs, aparecen cordas, cinta de embalaxe, pilares do it yrself así que palpabrexas e mil mans a unha e chaquetas que che prestan se chegaches co posto... reflexa o espírito intenso e humano que se vive en Sol estes días. Aí estamos, Washington Post, xenial que o mundo se enteire de que temos voz e que non temos nin queremos armas! debemos ser escoitadxs sen violencia! fronte á chuvia, calorciño humano!
Hoxe imos armadas de gravadora para entrevistar ás transF!
O MANIFESTO EN GALEGO (AcampadaSol / Toma la plaza)
Quen somos?
Somos persoas que viñemos libre e voluntariamente, que despois da manifestación decidimos xuntármonos para seguir reivindicando a dignidade e a conciencia política e social.
Non representamos a ningún partido nin asociación.
Únenos unha vocación de cambio.
Estamos aquí pola dignidade e pola solidariedade co(a)s que non poden estar aquí.
Por que estamos aquí?
Estamos aquí porque queremos unha sociedade nova na que teña prioridade a vida sobre os intereses económicos e políticos. Avogamos por un cambio na sociedade e na conciencia social.
Amosar que a sociedade non está durmida e que seguiremos a loitar polo que merecemos mediante a vía pacífica.
Apoiamos @s compañeir@s que foron detid@s trala manifestación e pedimos a súa liberdade sen cargos.
Querémolo todo, e querémolo agora, se concordas connosco: XÚNTATE!
É mellor arriscar e perder que perder por non terse aventurado.
Máis información:
Twitter: @acampadasol #acampadasol #spanishrevolution #nonosvamos
Web: www.tomalaplaza.net
Facebook: Spanish Revolution.
mércores, 18 de maio de 2011
O sol segue brillando!
Seguimos en AcampadaSol! ata a noite!
xa hai grupo transfeminista dentro da comisión de actividades, buscade a bandeira pirata!
martes, 17 de maio de 2011
Fear, fear of a beatiful planet...
Máis acampadaSol
Hoxe ás 20.00h
fotos by me
Hoxe ás 20.00h
Praza do Sol, luns 16 Maio. 22.00h da noite: asamblea multitudinaria na acampada que comezou o domingo á noite.
Praza do Sol, Martes 17 de Maio, 15.00h da tarde. A vida segue na limpa praza permanentemente vixiada.
[Que pasou entre estas dúas imaxes ou qué motivou este cambio: desaloxo, limpeza, vixilancia, sordeira, cegueira, irracionalidade, soberbia, obsesividade, medo, control...]
Riots (no diets! no haters!) e bailes!
Hoxe na uned, escuelas pías (tribulete) ás 18.30-19.00 lerei un microrrelatiño escrito nas xornadas de Granada (gora as medeak!, aínda que o textiño non é nada queer, uf! sempre no medio da nada!) e en canto rematemos, correndo para SOL!!!
Outras Letras Galegas
Martes 17 de mayo de 2011 Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (41 votos) Envíando datos... Espere, por favor. Gracias. - + Enviar Imprimir Volver I maxinen un 17 de maio laborable no que nos traballos organicemos, por exemplo, un «amigo invisible» de regalar libriños galegos. Unhas Letras Galegas sen unha maratón de concursos, ofrendas florais e himnos. Un mes de maio sen ter que buscar en enciclopedias, wikipedias e galipedias, despois de cear, os detalles máis ínfimos da vida de escritores mortos hai máis de dez anos para que os nosos fillos poidan levar os deberes ao día e durmir o tempo necesario.
Imaxinen un maio no que nos centros educativos se fagan murais sobre a literatura galega porque é a nosa, e non por recomendación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Imaxinen unhas Letras Galegas nas que a homenaxe sexa, así en xeral, a toda a literatura galega. Imaxinen unha celebración pola galeguidade, pola lingua e pola cultura que non dependa das liortas e debates de trinta académicos e académicas. Imaxinen que para celebrar a literatura galega non precisamos máis homenaxes que aledármonos porque, malia Galicia Bilingüe, malia o decreto de bilingüísmo, e malia todo, temos unha lingua viva e unha cultura fascinantemente dinámica. En fin, imaxinen que aínda temos unha oportunidade para non morrer de letragaleguismo.
E aproveito para pedir que, cando leve máis de dez anos criando malvas e alguén propoña que toca lembrar a Inma López Silva, os meus herdeiros lean esta columna de hoxe a modo de manifesto.
INMA LÓPEZ SILVA
Amence en Madrid
Desaloxo da pacífica acampada que só pide que se nos escoite!
Máis fotos, aquí, info e video dende dentro, aqui.
Máis fotos, aquí, info e video dende dentro, aqui.
Armados e protexidos ata os dentes fronte á xente nova coas mans en alto berrando: non á violencia, alucinante!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)