sábado, 25 de decembro de 2010

Bocadiños de realidade

*



[Fotos: Sara Gomes]

"Con mi cuatrico voy cantando, mi burrito va trotando..."



As estrañas paraxes da memoria leváronme lonxe do camiñiño sabanero, fixéronme regresar durante anos a un estado branco por unha rota na que eu mesma borraba as pegadas que deixara a miña voz diminuta que en tempos entonaba esta canción venezolana... agora retorno ós Andes da miña infancia ó reencontrarme coa citada panxoliña. Flipando...


martes, 21 de decembro de 2010

MDMA

MECANISMOS DE MADRID Y ALREDEDORES!!! Un film BUAH!
*
Ganas de Madriz, iso é o que dá esta curta case docu, ja! para as que coñecemos ás atífices desta aventura filmada, sabemos que se trata dun enorme chisco a un xeito de vida, a un amar e admirar á cidade que as fai como son... Estas grrrls buscando leria e á súa bola a un tempo, estas expertas na arte da camuflaxe amosan un cachiño das súas falcatruadas, vagamundean, divagan e súan e bailan diante da psicoactiva cámara...
A miña parte favorita, a da gran vía en vermello cos nouturnos desexos de ser Bowie e vir do espacio exterior! ja! o inicio tamén é para morrer da risa coa renuncia da protagonista (a única personaxe de ficción da peli?) á precariedade da vida artística, e ós amores bohemios tamén: tan interesantes si pero demasiado retortos!... eses amores que nos deixan exhaustas, este respirar na arte non remunerada que nos fai pluriempregarnos ou tirar durante anos con bolsas... recomendada queda logo esta minimetraxe espídica e emocionada!!!
Aquí vos adxunto unha pequena mostra do espírito da películiña nesta canción que forma parte da súa banda sonora! jeje. Xusto a distancia entre estas dúas versións (a reinterpretación e a orixinal) é o que nos separa en aniños e é(sté)ticas!!! jajajajaja! Queremos máis, grrrls! Graaazas!

A delas:
A miña:

(E logo dirán que non son raíñas da noite!)

luns, 20 de decembro de 2010

"Antítese da ruína"

NORABOÍSIMA EMMA!!!


Autor: B. R. Sotelino / Localidad: vigo/la voz.Data: 18/12/2010
A concesión á autora coruñesa do Premio de Poesía Novacaixagalicia, que se deu a coñecer onte en Vigo, recupera á escritora para o mundo das letras
A poesía non enche a neveira, pero neste caso, si. Enma Pedreira Lombardía (A Coruña, 1978) é a gañadora da novena edición do Premio de Poesía Novacaixagalicia, que se fallou onte en Vigo. A escritora engade o seu nome á reputada nómina de poetas significados con este recoñecemento, e que integran Xavier Seoane, María do Cebreiro, Arcadio López-Casanova, Marilar Aleixandre, Román Raña, Carlos Penela, Luís Valle Regueiro e Xavier R. Baixeras. Asemade, o poemario publicarase na colección Arte de Trobar , que ademais dos textos galardoados, edita a obra doutros poetas consagrados. De feito, o acto serviu tamén para presentar un novo título que fai o número dezasete da serie, e que protagoniza o cangués Bernardino Graña cunha compilación que recolle medio século da súa traxectoria. A autora coruñesa fíxose co premio mellor retribuído no panorama dos concursos líricos en Galicia. O certame, organizado pola entidade financeira e o Centro PEN de Galicia, está dotado con 12.000 euros.

-O xurado elixiu por unanimidade o seu poemario, que leva por premonitorio título «Antítese da ruína». É de supoñer que estará encantada...

-¡Moitísimo! A miña obra estaba a punto da extinción e que me dean este premio, que é dos mais importantes que temos, faime pensar que chaman á miña porta para dicir: «Tes que volver». Eu estaba moi interesada en que este libro chegase a algo, e interprétoo como unha chamada a saír de novo. En Antítese da ruína volquei todo o traballo literario dos últimos anos, nos que deixei de escribir por outros motivos condensados neste texto.

-¿De que ruína fala?

-Do camiño autodestrutivo e do estado ruinoso das persoas e as familias, da ruína como estado físico, pero tamén como un desmoronamento interior e emocional, da perda de calidade de vida e das gañas de vivir. É unha reflexión sobre a morte e a perda de alicerces que estiven elaborando nos últimos anos.

-¿Por que deixara a escrita?

-Non a deixara de todo, pero fíxeno con menos intensidade que outros anos, nos que remataba practicamente un libro por ano, compaxinando narrativa con poesía, dando moitos recitais, charlas, etcétera. Desde que entrei no mundo laboral en serio, deixei a escrita un pouco de lado. Tamén estaba buscando un momento de calma para cimentar a miña poética e tardei en atopar outras cousas que dicir despois de dez anos enfrontándome ás mesmas ideas. Decidín calar un pouco para despois ter máis cousas que dicir. Foi unha procura de min mesma. Precisaba mirar cara adentro, facerme outras preguntas e facer tamén unha vida normal, unha vida de calidade cunha nómina a fin de mes.

-¿E se fixo profesora da universidade, quizais?

-Non, son funcionaria na Administración. Nada que ver coa literatura. A poesía reconforta, pero non enche a neveira.

-¿A súa pertenza á xeración dos noventa é unha etiqueta ou é algo máis?

-Eu síntome completamente de acordo con ela.

-¿Que os une, ademais da idade?

-Os estudos, a dirección que tomamos baixo a etiqueta da poesía de muller, a amizade...

-¿É unha xeración muller?

-Tamén é de homes, pero nós envolvémonos nunha temática que nos diferenza.


LA VOZ DE GALICIA
***

MAR MATO - VIGO Alguén lle comentara había tempo que ía se-lo ano da reflexión sobre a morte. Emma Pedreira (A Coruña, 1978) podería ter esquecido a frase pero a lectura do libro Solaina da ausencia de Xulio Valcárcel fíxolle entende-lo vaticinio. "Os mortos marchan sós", rezaba un dos versos. Meses despois, iniciaba a escrita de Antítese da ruína, poemario no que reflexiona sobre o saúdo a Caronte e co que onte gañou o IX Premio de Poesía de Novacaixagalicia, dotado con 12.000 euros.

No momento no que o presidente do xurado, Luís González Tosar, lle comunicaba por teléfono o fallo, Emma Pedreira dispoñíase a recoller outro galardón, o Manuel Oreste Rodríguez López pola obra Caderno de Lisboa.

"Morro do gusto", respondía onte ó saberse gañadora do premio de poesía Novacaixagalicia. "É un dos máis importantes economicamente e tamén pola nomina de autores que o acadaron" e entre os que se atopan Xoahana Torres, Luz Pozo Garza ou Miguel Anxo Fernán Vello.

En canto á xénese da obra, Emma Pedreira confesaba ter escrito un poemario "autobiográfico" como o resto dos textos "feitos ata agora" coa salvedade de que este fala da ruína, de sentimentos críticos, da reflexión sobre a morte", explica a creadora, quen tivo a percepción de que este foi "un texto difícil de escribir pero tamén de ler". O xurado, pola súa parte, destacou "o seu valor poético, as sorprendes imaxes".

Por último, presentouse onte o libro Ser auga, darse en auga, no que se percorre medio século de creación de Bernardino Graña, na colección Arte de Trobar.
FARO DE VIGO 20/12/2010
 
 
[fotiño: Jaime Martínez]

domingo, 19 de decembro de 2010

Xira galega de Atomizador e Esperit, para despedir requeteben o ano!




CHÉGAME Ó E-BUZÓN ESTA CARTIÑA, PRESENTANDO A XIRA GALEGA (que marabilla!) de ATOMIZADOR E ESPERIT!
RECOMENDADÍSIMOS CONCERTOS PARA CAMBIAR DE ANO!!!

Teño o pracer de presentarvos a inminente xira galega de Esperit! e Atomizador, que veñen a presentar o seu flamante LP compartido coeditado por Afeite al Perro, Chingaste la Confianza, Enhorabona e Big Jim Records. As datas son as seguintes (puntalidade!!!)

Domingo 26/12: Amalgama, Vigo, 20.30h
Luns 27 de decembro: Meigallo Rock Club, Pontevedra, 21.30h
Martes 28/12: Casa das Atochas, A Coruña, 21.30h
Mércores 29/12: Bar Labranza, Bueu, 21.30h
 Atomizador é un dos múltiples proxectos de Jose (outrora guitarra e voz de A Room With a View, Ensaladilla Rusa ou Campamento Ñec Ñec), responsable do selo punk-experimental Afeite al Perro, plataforma desde a cal leva publicada unha infinidade de referencias (Humor Vítreo, Sudor, Pulmón, Burro Ácrata, Eten, Biko, C-Utter...) que documentan unha riquísima realidade de diversidade e risco sonoro. Logo de publicar numerosas referencias de noise analóxico baixo o nome de Atomizador, recupera para este LP a guitarra, o ukelele e os xogos de voces, recordando a súa habilidade para crear melodías, que xa amosara con A Room e Campamento. Dicir que Jose tamén se adica a facer debuxos, moitos dos cales se poden ver no seu prolífico zine HAZ.

Pola súa parte, Esperit! é o proxecto persoal de Mau (antes en Zeidun, Les Aus e Omega Cinco), onde exerce de multiinstrumentista e multicacharrista, colaborando en ocasións cos máis variopintos persoeiros e deixando sempre espacio para a improvisación, e resultando da mistura unha chea de sons psicodélicos de doces e profundas melodías.
Agardámosvos a todos.
Bo Nadal!!
B.F.

[E engado eu, para velos e escoitalos tirade por aquí...
Atomizador versioneando a Daniel Johnston
Esperit! dándoo todo no Heliogàbal!
Un tema de cada un do disco!
Outro!


Por un proxecto cultural!

Cambio a Ramsay por Zúñiga



HOXE quedei prendada deste título, deste libro de relatos: Brillan monedas oxidadas. Tiven que sair da libraría con présa e o exemplar estaba retractilado así que cando cheguei á casa busquei sobre ese extraño escritor que descoñezo e que ten toda a pinta de gustarme... descubrín que o chamaban "xardineiro da literatura" e moitas outras cousas que podedes ler aquí!

Déxovos esta interesante parte dun texto sobre a presentación do libro:

Todos los relatos de este libro -ha precisado- giran en torno al conflicto del ser humano con su medio, hablan de la intimidad y de los estados de ánimo, pero también se oye la voz de la historia. Todos sus personajes tienen en común la rebeldía frente a su destino en situaciones muy distintas y en épocas diferentes", por eso el autor los ha ordenado en tres espacio alegóricos.
"La fuerza del vendaval agotaba las cortinas como un gran pájaro", es el título bajo el que se agrupan los primeros relatos. El segundo, "Se olvidan tantas historias de orgullosa pasión y de rebeldía.." y, finalmente, "Sus vidas eran demasiado iguales".
En cuanto al título "Brillan monedas oxidadas", Zúñiga ha subrayado que ha querido reunir dos conceptos opuestos, óxido y brillo, "he pensado -ha dicho- en el fluir del tiempo, que aparentemente erosiona la memoria, pero ésta siempre brillará con luz".
El escritor ha estado arropado por Gustavo Martín Garzo, y por Luis Mateo Diez y Manuel Longares, estos dos últimos, escondidos entre los periodistas.
Para Martín Garzo, Zúñiga es "el jardinero más secreto de nuestra literatura".
"Escritor moral, heredero de Dostoievski, Zúñiga habla de la importancia del deseo y se adentra en los caminos de la historia de las almas atormentadas. Busca en el infierno algo que se pueda salvar", precisó un Martín Garzo que calificó de "regalo" el poder presentar un libro de Zúñiga.
"Me gustaría ser un chef de la literatura", concluyó Zúñiga, para quien el ingrediente básico de su obra son "el ser humano y los ojos de las personas".




JUAN EDUARDO ZÚÑIGA
Brillan monedas oxidadas
Editorial Galaxia-Gutenberg
Decembro 2010



Bocadiños de realidade: "Radicalmente inexactas"

Hoxe descubrín un programa interesante na TVE2 que se chama "Los oficios de la cultura". Desta volta eran Miguelanxo Prado e Yago García os que compartían coñecementos e dúbidas respectivamente.  Pareceume bonito todo pero raro que non puidesen entreles falar galego (subtítulos mediante*) e así que todos eses obxectivos de respecto ás outras culturas das aulas escolares comecen a ser reais na rúa e na vida dos adultos. Refírome á adultez porque fai un par de meses, despois de anos sen ver a tele, puiden coñecer ós lunis e á súa canción polos dereitos das nenas e dos nenos, e fan ben en especificar que ese é o obxectivo, porque na adultez vaise converter en límite e sobrevivir pode nalgúns casos ata depender de facer xusto o contrario ó que berra esa valente canción. Refírome á adultez porque son as nais (ú-los pais?) as que preguntan (suxerindo a queixa, aínda bo é que a vergonza lles suxeite ser explícitas!) por que este Nadal as panxoliñas que se canten nun cole madrileño público e laico calquera van ser rumanas, venezolanas e unha bela canción espiritual sudafricana. E aquí vos remito ós links das fermosísimas cancións que amosan o criterio estético polo que foron seleccionadas! ademáis de polo obxectivo de coñecemento doutras culturas, respecto por todas as linguas, e integración real dos compañeiriños e compañeiriñas rumanas da clase! quizais ademáis é unha bonita forma de levantar o lado da balanza cuxo prato permanecía pegado á mesa -iso si por iniciativa persoal dun profe concienciado, non dun centro cuxo currículo reza xusto este enfoque!-, nestas datas cunha única celebración posible, tamén para alumnos e alumnas musulmanas, coñecidas como Nadal.

O outro día tamén na mesmo canal deixei de fondo unha película que xa vira: Nubes de verán. E a verdade é que aínda ando pendiente de averiguar se lle dobraran as conversas entre os curmáns, porque que eu lembre falaban un baixísimo catalán entreles (como o real, o que non sae na tele, ben bonito) e o resto da película (xa vos digo a versión que eu vira!) era en castelán: os protagonistas viñan de Madrid pasar o verán a unha vila catalana. A verdade é que me parecera un bo cadro realista ó Rohmer en parte tamén por isto:  amosaba o que pasa na vida coas linguas, amosaba o crisol lingüístico sen cuestionalo. De verdade creo que a naturalidade (en tódas as direccións) é o mellor xeito de achegarnos á situación real das linguas (fronte á esquizofrenia política), para logo poder desenrrolar as que específicamente queremos coidar.

E por falar un pouco de todo e apoiando o que digo, onte viñen dunha festa na que á saída había unhas caixas con libros para coller e fíxenme coa traducción ó castelán do primeiro libro de EIDER RODRÍGUEZ, da que me fascinou o seu segundo, Carne (Hiragia) e tamén a selección de relatos feita por Atenea en edicción bilingüe para estudiantes de éuscaro baixo o título de Cuatro Cicatrices (Eta handik gutxira gaur) fermosamente traducido pola mesma autora. A verdade é que é un luxo poder acceder a unha realidade diferente a través da escolla de palabras que representan esa realidade (e orde simbólico) que non poderían ser explicados con outras... un luxazo poder saber dende unha lúcida mirada e postura o que pasa aí. Feliz estou con este agasalliño que me choveu do ceo, alimentando o espírito e completando a biblioteca, ai! jeje...

A verdade é que temos moitísima sorte de dominar a lingua irmá -o castelán- da forma en que o facemos, e que Diccionario de ideas afines de Corripio** sexa cada vez menos reto, jeje... pero o que me amola ás veces -e que os meus amigos madrileños só poden entender abrindo antes o mapa da historia de Ciencia Ficción que lles vou contar- é que palabras moito máis sinxelas e de uso cotía da miña propia lingua (a da miña nai, meu pai, meus avós e avoas e tamén os tataravós...) son as que teño que apre(he)nder cada día, -sempre sen esquecer que non é persoal isto, senón consecuencia do descoido durante anos do noso tesouro vivo.



* Aínda que... lembrades os documentais de toda a vida en inglés no que se escoitan a tanto a lingua orixinal como á que se dobraba unha por riba da outra?

** Ei! buscando un enlace ó dicionario enteirome desta polémica sobre as palabras afíns a libre asociación no imaxinario social da verba "homosexual" que recolle Corripio (cecais o problema non sexa tanto del como da nosa sociedade enferma!) e da calificación do dicionario de Seco do dicionario como "radicalmente inexacto" ben bonita por certo, seguramente malia á súa intención!

xoves, 16 de decembro de 2010


Ah! chega ista boa nova ao meu e-buzón, xenialísimo!!! en Xaneiro estaremos aí, devorando as palabras dos novos sobre os magníficos beats. grazaxx!

Ola!






Artistaza galego onde os haxa, o Pelucas...  nada que engadir, todo por mirar...
máis, aquí!

martes, 14 de decembro de 2010

Rockeiras!


Hoxe Mariíña presenta libro na Vía Láctea! aló vou, seica invita a Alberto García Alix, miña nai, qué lembranzas, daquí, desta cidade difícil e fermosa a partes iguais marchei eu feliz a segunda vez que viñen visitala cun libro de fotos del , que me ía acompañar toooda a adolescencia. Alix, El Ángel, Ajoblanco, El Europeo, menudos días estraños, jeje!



María Zaragoza



sábado, 11 de decembro de 2010

Tremendas!



  




¡!
incrible a semellanza, non si?
xenial!

Historia do cómic galego

EL PATITO EDITORIAL, un proxecto compostelán que centra a súa actividade en ilustración e cómic, ten na rúa este documental que me parece ben interesante, benvido sexa! 



Un documental producido por El Patito Editorial, TvSiete e a TVG, que repasa a historia do cómic en Galicia dende os anos setenta ata a actualidade. Miguelanxo Prado e Xaquín Marín son os encargados de contar esta historia, e xunto a eles os protagonistas de cada momento histórico na banda deseñada narran as súas experiencias e recordos.
Formato DVD
Idioma Galego
Duración 52 minutos

Un documental producido por El Patito Editorial, TvSiete y la TVG, que repasa la historia del cómic en Galicia desde los años setenta hasta la actualidad. Miguelanxo Prado y Xaquín Marín son los encargados de contar este historia, y junto a ellos los protagonistas de cada momento histórico en la historieta narran sus experiencias y recuerdos.


xoves, 9 de decembro de 2010

Sofía Siesta












Flipada con esta fotógrafa, Sofía SIESTA!
Descubrina pola 5ª foto, portada do bonito libro El año que murió Jean Genet de María GONZÁLEZ publicado por La bella Varsovia!


[Eu de grande tamén quero un libro cunha portada súa! ja!]

mércores, 8 de decembro de 2010

"Amor, amor: a miña estación" S. Plath



Subacuático ideal
de soños afundidos
contaminada pureza
núcleo bater vivo.




Avalancha húmida
devezo gorentoso
bebendo terminal
o feitizo das ondas.





[Versos de A morta -un libriño meu inédito- pero publicados en VVAA, Sétimo andar, poesía alén, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2010; video:
"Mi vida bajo el agua" de Ch. Rosenvinge de "La Joven Dolores".]

Condenadas


Para que che guste Las moras agraces xa tivo que picarche o aguillón da poesía. Xa tiveches que navegar na celulosa na adolescencia, e non sair dese mar. Xa tes que amar o lado escuro e gustar dos silencios e de riscar as pautas celestes da libreta con escuros e desnortados debuxos.

Aquí vai un dos meus poemas favoritos do libro:



Femmes damnées

*
Muchacha, si te entregas a los cerdos,
merecerás morir en la matanza.
No sería en todo caso más horrible que la horrible,
cínica contradanza.
*
Pregúntate por qué has de estar debajo
si eres mejor que ellos.
Créeme, muchacha, la heteropatía
nunca fue un buen invento.


 JODRA DAVÓ, Carmen, Las Moras agraces, Hiperión, Madrid, (6ª ed) 2001.


[O seu segundo libro, aquí]