Ganas de Madriz, iso é o que dá esta curta case docu, ja! para as que coñecemos ás atífices desta aventura filmada, sabemos que se trata dun enorme chisco a un xeito de vida, a un amar e admirar á cidade que as fai como son... Estas grrrls buscando leria e á súa bola a un tempo, estas expertas na arte da camuflaxe amosan un cachiño das súas falcatruadas, vagamundean, divagan e súan e bailan diante da psicoactiva cámara...
A miña parte favorita, a da gran vía en vermello cos nouturnos desexos de ser Bowie e vir do espacio exterior! ja! o inicio tamén é para morrer da risa coa renuncia da protagonista (a única personaxe de ficción da peli?) á precariedade da vida artística, e ós amores bohemios tamén: tan interesantes si pero demasiado retortos!... eses amores que nos deixan exhaustas, este respirar na arte non remunerada que nos fai pluriempregarnos ou tirar durante anos con bolsas... recomendada queda logo esta minimetraxe espídica e emocionada!!!

Aquí vos adxunto unha pequena mostra do espírito da películiña nesta canción que forma parte da súa banda sonora! jeje. Xusto a distancia entre estas dúas versións (a reinterpretación e a orixinal) é o que nos separa en aniños e é(sté)ticas!!! jajajajaja! Queremos máis, grrrls! Graaazas!
A delas:
A miña:
(E logo dirán que non son raíñas da noite!)
Thanks for ones marvelous posting! I really enjoyed reading it, you happen to be a great author.I will ensure that I bookmark your blog and will eventually come back later on. I want to encourage one to continue your great writing, have a nice holiday weekend!
ResponderEliminar