saimos do museo máis lixeiras, sorrindo,camiñando polas nubes, porque a gravidade fíxose a nosa amiga, revirámonos coas mans xuntas, o noso partido amizoso convírtenos en irmás de auga. Tragamos pompas, rodamos boca abaixo, o pelo soave enrédase na lingua...
o hospital da mente e do espírito fixo ben o seu traballo, a doutora Pipilotti ten recursos de primeira, o seu alucinante traballo lambeunos as feridas e soprounos o cuspe para desexarnos bo aniversario...
iste é o mes dos principios, da reafirmación, do pracer e as paixóns.
e non foi cuestión do tamaño das vendas, pois tivemos que achegarnos a unha bola de cristal futura feita lápida para pensar no propia peliculiña que quereríamos como epitafio, pero tamén fomos inundadas por psicodélicas ondas cromáticas de sensacións e cores que viñeron da man da súa lingua enorme arredor de nós enchoupándonos nese mar enorme, acariñándonos a rebuscar recordos e desexos expostos.
Desexo que a desfrutedes tanto coma min!
Ningún comentario:
Publicar un comentario