xoves, 10 de xuño de 2010

Xogando na torre


Mañá voo á terra a participar na presentación ( a segunda, se non contamos a noite que lle deron o Premio Illas Sisargas) do libro de Emma Pedreira XOGUETES PÓSTUMOS.
É unha gozada poder ir aló, un luxo poder proxectar os collages, amosar algún, e algunha sorpresa máis. Un luxo estar compartindo festa con lectoras/es e familia, con descoñecidas/os fermosas/os, con Teresa Seara, Eva Veiga e a propia e xenerosísima Emma.

Aló vou, vémonos!



Este venres día 11, ás 20:00 na Asociación Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18), preséntase Xoguetes póstumos, de Enma Pedreira, libro gañador do III Premio de Poesía Illas Sisargas. Ademais da autora participarán Ana Cibeira, Eva Veiga e Teresa Seara.

AELG

Ningún comentario:

Publicar un comentario