Podedes imaxinar como o pasamos na A. C. Alexandre Bóveda. Emma co seu poderoso texto, belísimo, e absolutamente entregada a el; Teresa e Eva -cada unha co seu estilo e referencias intertextuais- fixeron verdadeiros poemas falado do libro dela; e eu... eu contei como xurdiu a colaboración e que supuxo para min ilustrar un texto coma este e un texto alleo por primeira vez... tamén puiden proxectar e expoñer os collages orixinais. Despois a autora e máis eu agasallamos ós asistentes cun anticipo do noso novo proxecto xuntas!
[Grazas dende a polpA ás miñas marabillosas compañeiras e a Barca e a toda a asociación.]
buf! os collages vense incribles nas fotos... noraboísima a todas!
ResponderEliminarqué bonito, se ve tan cálido, y los collages preciosos!
ResponderEliminarEnhorabuena!!