sábado, 28 de febreiro de 2009

Eparamostraunbotón

Hoxe sae en Galicia-hoxe unha entrevista que me fixo Lupe Gómez vía epistolar esta semana.

Engado aquí o textiño que por motivos de espazo non sae sobre o porque ós zines, por que a autoedición que me parece importantísimo para entender o noso xeito de "editar" e de vivir... (ah, e o de "escritoras desaparecidas en combate" vai cun jijiji, senón parece que teño a man na cartuchera... )


[[[Eu sempre sentín que non só importaba o que unha dixera senón onde. Despois descubrín que isto era que nada é inocente, que todo é político... por iso sempre me interesaron moito as pulicacións que unha fai na casa, que non pasan filtros... non che é casualidade que a maioría deles sexan políticamente explícitos... pero bueno non me vou enredar; o caso é que se xunta isto con que os diarios, a literatura subterránea por persoal ou minusvalorada (queimada ou non por nós mesmas ou por outros) é –e nin sequera por un motivo ideolóxico como outras literaturas contra o poder, pois por desgraza non falo da literatura feminista - a literatura das mulleres. Así que para min, que non podo non partir dos handicaps que históricamente temos para estar aquí, que non podo non partir da verdade... é o territorio que sinto meu... Por isto os zines.]]]

[[[humor vítreo é un xogo e tamén unha mensaxe anticopyright (non se pode cercar a creación ata os límites absurdos ós que estamos chegando...), ademáis ninguén millor que as/os creadoras/es saben que todo vén doutro lado, que xa nada é orixinal... como ben che dixo naquela conversa a ti Estíbaliz (E), “a cultura é un plaxio”... e así debe ser, ¿qué somos uns sen os outros?
Non queremos meternos en en líos como valente e admirablemente se meteron outr@s plunderfónic@s, pero esa mensaxe hai que seguir dándoa!!!]]]



imaxe: o belísimo collage político de Martha Rosler... ogallá e sexa así como me ve Lupe...

1 comentario:

  1. Anónimo7:36 a.m.

    Thanks for one's marvelous posting! I really enjoyed reading it, you might be a great author.I will make certain to bookmark your blog and will come back sometime soon. I want to encourage yourself to continue your great posts, have a nice weekend!

    ResponderEliminar