xoves, 12 de febreiro de 2009
लाजोस पंटर
Algunhas tivemos a grandísima sorte de asistir a un dos obradoiros de autodefensa feminista que dá Maitena por toda a Península e tamén por Latinoamérica e Europa. 18 afortunadas fomos empoderadas ata a saciedade tentando desentrañar o marco estructural da violencia sexista: dende microviolencias cotiás ata agresións físicas... decatámonos algunhas por primeira vez e outras a un nivel máis fondo, da enorme e enraizada dimensión desta violencia na nosa sociedade.
Se a cousa quedara aí viríamos destruidas para a casa, pero todo este sacar teas dos ollos veu acompañado de un empoderamento extraordinario (si quero e podo defenderme de agresións verbais; de tratos diferenciados; de violencias de todo tipo que non esperan a miña resposta...), de grande esperanza nas redes entre nosoutras e de ganas de acender luces nas cabezas dos amigos amados...
Maitena pertence á asamblea feminista de Bizcaia dende os 13 anos e agora mesmo nun dos moitos proxectos nos que está metida é en formar profesoras de autodefensa en El Salvador... ela é o vivo exemplo de que unha pode convertirse na que quere, superar o que sexa, vivir intensamente, domar a voz propia... e ser todo o pública e libre que se merece!!!
Dende aquí só quero agradecer a Marisa Mediavilla, extraordinaria onde as haxa, que nos fixera de ponte para estar no que xa é un local histórico, a Asamblea Feminista de Madrid na rúa Barquillo...; ó Patio Maravillas por apoiarnos dende o principio - e sobre todo a María -; ás voceiras do programa "Nosotras en el mundo" de RADIO VALLEKAS por chamarnos para entrevistarnos; e a tod@s @s que se amosaron máis abert@s ou menos a un proxecto autónomo, autoxestionado e sen nome propio cando chamamos á súa porta.
Un bico a cada unha das rapazas participantes, uns soles ben brillantes;
e todo o noso amor para Maitena Monroy: única e irrepetible!
fotiños: póster empoderado das feministas chicanas & amorcito setentero contra a desesperanza da que falaba Laura!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario