mércores, 20 de abril de 2016

Consellos que escorregan por min, fanme sorrir e me enroscan desenroscan enroscan...

[Esta entrada tiene eones y no sé si tiene sentido que esté aquí, ya no creo nada de esto...la dejo porque luego siempre robo algo de la basura, ima imagen o una palabra rarita... pero que conste que ya no soy esa ;]



-Non fagas coma min, non busques a estabilidade nunca, Ana
Fala de que non case cun home formal, como ela.
Parada número 1: casar
Parada número 2: a formalidade
Parada máis importante , a número 0: non facer como ela :O
Parada sorpresa: cómo despois de tantos anos non sabe que fala cunha histérica. Cunha serpe. Ouroboro. Quero estar enferma. Tirarse pola fiestra, como Ana Mendieta (xa sei que foi Carl Andre). Ou mellor chegar ao mellor dunha, como Chantal. Ter o síndrome da Karenina, iso xa non: cabezas rodaron para desaprender iso. 
Cómo poderá escreber o que escrebe? Pregúntome...esta poeta casada con banqueiro, e pregúntollo a ela. Non me cabe na cabeza. Hai escritores que separan vida e obra, vólcome toda contesta. Iso é o que non entendo. Non o comparto. Coido que non chego a comprendelo. Porque eu non sei nada de estados, todo é un proceso: cómo cortar a cinta de Moebius? dime ti, sabia poeta casada con banqueiro: cómo atravesar o Hades e volver logo, cómo sen acabar con todo? Entón volvo á Mendieta, á Akerman, a Chantal. Dime dime dime, meiga da orde, cómo podes sentarte a vomitar escuridade e logo seguir parindo como se nada??? 

Isto me sorprende moito, cánto me engano con elas. Todas estas histéricas que queren ser obsesivas. Todas estas histéricas que tapan a histeria, obsesionadas con ser obsesivas, buscando desesperadamente un obsesivo. (Eu tamén caín pero non buscaba nada, un artista cecais, alguén fascinante detrás do reflexo). As que se curan, atopan e entón dentro desa parella conseguen ser a "histérica marabillosa" que son. Isto da cura diríao Alci. Si, cecais o emparellamento teña todo este sentido no achado do rumbo das vidas, na consecución de acadar a identidade propia. 
(Non sei cómo podo falar da identidade como dun estado nun proceso, pero de feito o fago porque para estas persoas, estas humanas así parece, pero seguiremos a cumprir anos, así que a ver en que queda...). Pero eu, eu só creo no devir. D e v i r  , d e v i r , a  m i ñ a   e s t  a c i ó n 
Personalmente para min é ó contrario, pero vaime taaan ben que me pregunto se vós teredes a razón, Eu deliro exercício. Pero adianto, é unha ximansia filosófica, non creo nas respostas e menos nas non propias, pero sufro, sei que sufro dentro da miña desobediencia, e por iso pregunto, pregunto, pregunto como unha nena de 5.

A min na casa nunca me dixeron con quen me tiña que liar e con quen non, cecais ista falta de misión amorosa, sumada á presión que na rúa atopas despois ao sair á rúa, é o que me leva por diante. Agora -cando todo o mundo: señoras das tendas que venden colchóns incluídas: Es para ti sola? Es para ti sola? Porque si me dices que vas a dormir con un tío muy alto y fuerte, te recomiendo otro somier... (Señora! usted está muy salida!!!)-... agora cando todo o mundo presiona, penso na casa e en cómo nos dixeron sen dicir que nada tiña que ser como tiña que ser. Grazas, mamá. Devir é un demacre, pero polo menos é algo propio. Si, repito esta verba para botala fóra. 
Pero eu aqui non viña falar de amor, que viña falar de desexo, nin viña falar de pracer compartido, viña falar do desexo que nos ata a nós mesmxs, dese desexo do outro, pero propio. Outra vez a verba. Responsabilidade mutua? Como di Deleuze e concordo con el (e qué faría eu sen el): o desexo é soamente construcción, construcción dun axenciamento. Movimento propio: vocês desejam sempre um conjunto (...) nao há desejo que non corra para um agenciamento. O desejo é construtivísmo. Desejar é construir un agenciamento, construir um conjunto (...) construir uma regiao...é realmente agenciar. O desejo é construtivismo. (...) Más un desejo é iso: construir. (...) Desejar é delirar, de certa forma.

A min ninguén me le
e non me importa non me importa. Debería importarme?
A mi ninguen me ama, e non me importa non me importa. Deberia importarme?
Todo o mundo parece ter claro que a postura vital do Vicent Gallo é do mais eloxiábel: ser querido por todos, ser desexado por todos, ser admirado por todos. Histérico intento de neno non-nada (isto llo roubo a Minke Wang). Histérico de raiz, un libro que se multiplica nas lecturas dos outros son. Fai o teu e deixa de cuestionarte cada vez que pasa un por diante, esta é Belinda. 

E logo veñen as amigas hetero cos seus problemas de mozos deprimidos e me pregunto: debería importarme a falta? Non, respondo. E logo veñen as compas hetero cos seus mozos con fillos con outras, familias ás costas, e me pregunto: deberia importarme o baleiro? Non, respondo. Que xa temos unha idade. I'm getting older for this shit. Papá respondería: estamos ben como estamos. Mamá respondería: salistes retardadas. Si retard. Losers & retards. Aquí estamos, Alci. 

Teño fantasías de grandeza enormes e todas teñen que ver coa escrita.
Falta de misión, esforzo? Nanai 
Valores desaparecidos? Todos
Experiencias que marcan? Algunha, algunha que vén abrir feridas que non abren. E iso que non hai ferida que se me infecte, nin enfermidade que se me pegue, nin ritmo que me capte.
Qué deseas? dime un dos seres máis escuros que coñezo.
Nada de nada, respondo.
Pues sí que estamos en crisis...
Pois si que estamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario