Soñei que durmía na cociña. Soñei que nunha viaxe en metro, non en
Madrid, falaba co chico de Who killed Bambi, a tenda de Santiago. Soñei
coa Festa do Sisto, aí estabamos anos despois, bailando entre tíos
louros, cecais porque unha amiga por chat antes de durmir díxome moitas
veces 'agosto' 'agosto' 'agosto'. Soñei esperta xa, que volvía ao delta
del Ebro, cando Marta me mandou un bico por wassap dende aló volvín a ese
verán do Capitán Sangre, no que andaba eu d´aquí pralá con eses
'chores'* negros tan guapa. Ese foi o verán no que aprendín a ser un
camiñante. Pero que ninguén se leve a engano, esta é a festa do recordo,
o despiporre...tamén soñei con que J non me escribira mensaxe algunha,
e con que a nova pretendienta de I. non tiña problemas coa súa
identidade nacional! Ouvíronse berros de 'independenza' 'independenza'
por todo o soño igual que flotaron onte pola zona vella de Santiago
despois da mani. Seguía dentro de todo isto cando entrei na cociña e
facía un sol de finais de verán e qué mágoa non ter durmido aquí
dentro, de veras con este vestido rosado, mesmo enriba da mesa, coas follas das matas enriba da cara...
(Chores: "Shorts" en Castelán de Venezuela, pantalóns curtos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario