Páxinas

xoves, 21 de maio de 2015

Ambidiestra Records, unha nova andaina


Ando a colaborar con Ambidiestra Records, un selo e distribuidora Do it Yourself de Coslada, Madrid. Ambidiestra defínese como autoxestionada, feminista, pro-piratería, anti-especista e amante do troco.  
Comezou a súa andaina fai uns mesiños distribuindo discos de Abstract Reflection & David Haller, Archaeopteryx Ultraavantgarda, Her Only Presence, Viva Belgrado, UnsuspectedUndiscovered & Talby; cassettes de Hoot, parches de Assertive e fanzines.
Como selo musical, a súa primeira referencia é unha edición dixital dun Split entre David Haller e Kyuzu.
Eu acabo de unirme á equipa e andamos a preparar un album homenaxe á música do finado Mark Linkous A​.​K​.​A. Sparklehorse, onde varios grupos versionean as súas cancións. Podedes escoitar un adianto aquí.  
Tamén andamos organizando un ciclo no que arredor da hora da merenda reuniremos a escritoras/es, músicas/os e xente de ben ;)  e pasaremos documentais sobre temas coma o punk, a creación D.I.Y., o veganismo, ou o feminismo. Estas merendolas veganas darán comezo a finais de Xuño en Madrid, así que estade atentas/os porque axiña vos iremos informando.


Facebook


[ambidiestrarecords[at]gmail.com] 


Ningún comentario:

Publicar un comentario