venres, 12 de decembro de 2014

"El mírate mentres durmes" (Santa Claus is coming to town)


A miña primeira lecturiña inconfesábel de Nadal é Una visita de San Nicolás. En castelán, este poema a modo de contiño, está editado pola particular editorial Reino de Cordelia. Digo particular porque a textura acartonada e estética comiqueira das súas capas e o formato cadrado dos libros, fan que os seus títulos nunca se perdan e sempre se recoñezan antes que os outros ;) Pois ben, a edición que nos ocupa hoxe pertence a unha colección aínda máis especial "Snacks de Cordelia": libros pequerrechos e lindísimos.
Una visita de San Nicolás é un fermoso poema de Clement C. Moore (Nova York 1779-1863), un teólogo e profesor de literatura que pasou á historia da literatura por este traballiño A visit From St. Nicolas normalmente editado co título de The Night Before Chistmas. A primeira vez estes versos  viron a luz, foi de xeito anónimo no xornal da cidade de Troy (Nova York). Ata 1837 non se recoñecería a autoría de Moore.
A edición está traducida por Luis Alberto de Cuenca, e o mesmo autor conta no prólogo cómo atopou nunha viaxe a Irlanda o libro editado en inglés por separado (non na compilación dos poemas de Moore do que soe formar parte) e quixo que a tradución tamén fose un lindo e pequeño volume independiente ilustrado por Arthur Rackham e Ilse Bischoff.

Ningún comentario:

Publicar un comentario