domingo, 30 de novembro de 2014

Aprender a facer maxia para unha mesma


E como é domingo e queremos acubillar as ideas, hoxe unha entradiña lixeira* dunha blogger que me gusta moito Gala Darling.
A Gala non ten que ver nada coa literatura e pode soar ás novas correntes de autoaxuda, pero para min é un exemplo de Do it yourself (D.I.Y.). É verdade que ela está nese "faino ti mesma" que vende algo, e non quero compararala con  referentes que me inspiran por querer cambiar o mundo dende a arte, como David Haller de Ambidiestra, Andrea Galaxina de Bombas para Desayunar, Jose de Afeite al perro, Ian MacKaye de Dischord, as anónimas da distribuidora de fanzines feministas Herstory, Kike y Regly de Fuck the Bastards, Gelen Geleton de Archivo D.I.Y de Música y Dibujo...
O do it yourself de Gala é ese que conleva construirse "facerse a si mesma" que dirían avós e pais.  Non sei se me interesa a Gala figura, pero si o proceso que a levou pasar dun desorde alimentario (autoestima cero) a crer en sí mesma e converterse na que quixo ser. 
O que máis me entusiasma do seu xeito de facer as cousas é que conta todo o importante: cómo foi dando pasiños de confianza e cómo aprendeu a elexir outro xeito de vida saudábel, pero tamén cómo fixo materialmente para mudarse de continente (de Nova Zelanda a U.S.A) e comezar o seu primeiro blog CING, seguir co Radical Self Love e agora traballar na Blogcademy que leva.  

Pois iso, cada tolo co seu tema ; ) Podedes saltarvos este post ; D



[*Habería que ver qué é o que quero dicir con isto de lixeira, se me refiro ao oposto de "difícil" do que fala Belén Gopegui en Diagonal, aquí. Sinceiramente creo que a resistencia non pode vir sen pracer, por isto eu déixome levar bastante por cousiñas que me gustan máis superficialmente.]

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario