xoves, 3 de xaneiro de 2013

Á noite un ollo


A sombra éo todo á noite
Nada se ve fóra dela, e dentro só un ollo.  

O meu vestido amarelo pérdese polos corredores desta comisaría dos cincuenta abandonada 
e ao final
a sala de tiro.
Os cans deixaron aquí as súas armas
Así que entreno sen cascos.
A resonancia perde o meu sentido todo.

Albada transparente


Non vou escrever
Non vou espremer nengunha ideia
Menos mal que están os carteiros
os do lixo
os estancos abertos
os almorzos para a xente que vai limpa xa
e o odioso bos días da farmaceutica tamén.
Menos mal estas costas,
nas que súo
as bágoas
así non teño que pensar en nada porque non choro.

Por qué me anoxo?
Cecais é só este fin de festa
este non erguerse
este non-almorzo
á mañá despois
na que os paxaros son amigos porque están vivos
e seguirán o meu camiño ata a casa
de volta
qué casa
a outra 
a que deixo
e queimo
a que era o amor- o día - beleza - o salvaxe.
Isa casa.
A miña.
Que xa non teño.


E os paxaros prúen co seu piar mencendo
e onte pensei en esquecerte antes que o galo cantase
pero me apertei a ti diminuta
como se foses dez anos máis.
Así abrin a boca
caeu unha baba
bágoa de desexo contido
unha pinga salgada e transparente
(proba) na escena do crime.

Todo o verán e o outono


Cruzar a praza
/outro planeta/
fumando.
Eu
que non fumo.  

A marca da túa bota/ Efímera cicatriz na neve

Para cando chegue o sol
ti xa non estarás aquí.
Non falo da primavera,
é a primeira raiola que entrará mañá pola xanela.

A carteira pregunta


-Firma aquí
(...)
Qué pongo que eres de él?
Pongo AUTORIZADA?







V E L V E T      I S      V E R Y      I M P O R T A N T 

De "Ready", de María Salgado


(Fake) Geek Grrl

Para qué serve a tecnoloxía?
Aproveitando que me mudaba de casa, de que aló non había rede tentei vivir estes últimos meses, a metade do 2012 sen conexión. A experiencia ten cousas moi boas: o tempo se alonga, os discos e os libros veñen a ti, a tarde é silenciosa e volves mirar de fronte o sol. Pero tamén te desconectas de todo. A linguaxe xa non é a mesma, é moi difícil enteirarte de cenas e festas a tempo, de ledicias e recordos feitos foto, ninguén se lembra de enviarcho ao email agora que o email xa está no móvil e o app é o que o recebe e automáticamente o descarga ao teu disco duro, a ese cerebro novo que xa fai tempo que substituiu á memoria e os seus álbumes de fotos. 
As relacións coas persoas cambian, ti esfórzaste moito cos amigos e eles enléanse a través da rede; eles cabréanse porque ti non estás-non contestas e ti non entendes que vaian á casa correndo: poñer unha peli, ler o email, ligar chateando...
E logo están os proxectos artísticos, as colaboracións e ata publicacións, que desaparecen por completo. Fai un par de anos as redes sociais non libres, aínda eran mal vistas nos movementos sociais, agora é case un pecado non twittear os golpes da pasma, as manifestacións ilegais... 
E con respecto ao diario propio, ao blog, no que unha escreve, nin che conto... antes todo o pensaba para aquí, o vivido era axiña unha entradiña, tiña a foto, e por moita dor que pasase, estaba ben despois ver o resultado feito letra e carne de píxel, a pantalla enfriaba o meu lume sempre algo esaxerado, secaba as miñas bágoas demasiado fáciles... agora... agora non... sen pantalliña tamén tiven que aprender a non chorar. 

E as persoas que coñeces, as persoas que che gustan son outras, non son esas que están aí no seu facebook, no seu twitter, no seu cargo colective. Non son as do youtube e as fotos da festa da pasada noite. As persoas que te rodean son moito máis reservadas na vida, máis lentas -como antes- pero podes estar a un click de saber moito máis delas. De saber da súa linguaxe e do seu sexismo, de saber o xeito de relacionarse e se iso só o fai contigo... Supoño que rematou o tempo en que a sintaxe e o vocabulario que cada un/ha usa, significa algo: de ónde vén e por qué paga, cómo latexa de rápido ou se a súa paixón quedou na casa. Porque agora -aínda que sexas doutra xeración e saibas, e te fixes no xeito de falar das persoas, por moito que te achegues ao seu mundo (propio?)- a representación da realidade está detrás do telón, na imaxe líquida, o círculo baleiro... porque xa se constrúe a identidade antes de saber dela, e xa se teñen fórmulas para sermos lingüísticamente o que os demáis aí detrás, á volta, queremos que pensen que somos. Ou ista é só a miña percepción dende fóra? Ou seica non é o mesmo o disfraz, cando unha elixe ter varias personalidades na vida real? sdkaSJDKLAsjdaKSDJalskdjASDKasñl...
UFFFFFFFFFFFFFF, nin idea. 
Máis a única pregunta que quería facerme era... adaptareime eu xa, de novo, á conexión 24 horas?


[Fotos 1:...xogando; 2:  L. a deshora, como eu agora...]

mércores, 2 de xaneiro de 2013

Primavera-verán 2012


















"Nunca pensé que te odiaría tanto" ou Naufraxios elexidos



En la plaza de Israel

Ojalá nunca hubieras venido
así la noche tampoco habría pasado nunca.

Y ojalá no te hubieras quedado
así la mañana tampoco habría llegado nunca.

Ojalá no se hiciese nunca verano
así el verano estaría siempre acercándose.




Henrik Nordbrandt