O mellor e o pior. Polo peixe morre a boca. As vodas e os accidentes, a clase de frauta e os enfrontamentos de pandas. A caída no patio e o primeirao. Pola boca morre o peixe. Anne is right apoiándose no feminismo extremadamente intenso da beleza radical. Até o punto de que non se recoñeza. Claro que fóra dun país tan avanzado comparado co noso no tema de dereitos (as nosas avoas son nórdicas e son anglo e americanas) poida que isto se lea doutro xeito.[Para min é fundamental a estética, como se non cruzar o espello (e a súa superficie fría, que nos devolve como se nos ve, e existe, existe tan solidamente como semella) fose non vivir. Fundamental os tacóns de agulla: armas. Fundamentáis os rabos das gatas: bigotes e ________] Que non vos enteirades de nada? non pasa ren. >Son notas, apuntes, ideas retortas para un día canso canso, un día recto, un día no que tentei chorar e xa non choro, xa non choro cando quero, nin cando non quero, xa non choro. Un día despois dunha noite fermosa, chea de brillo, de xente única. Única, e están tan preto, pero non sei cómo apreixalas agora que xa non choro. Na boca morren as bágoas. Terei que pechala algún día, para que as verbas non dinamiten a miña vida, para que a verdade sega tendo sentido e cecais a escrita. Para que todo se poida dicir sen abrila e cecais arranxe máis e doia menos. Cecais. Ou era unha vida sincera e comunicativa a que quería? Quen o sabe. Onte cando cheguei falaban que o outro día estaban a contar os soños: polos que estaban luitando e máis os imposíbeis. Si, eses tamén están vivos. E eu -cecais é pola semana cargada, pesada, densa que teño- pensei, cales son os meus e cales foron? Por que a realidade seméllase pouco á que esperaba? Estarei vendo isto demasiado opaco? si, por sorte de seguido decateime de que tralos pouquiños soños caducados (como un cartón de leite) viñeron outros froito da propia identidade, e descoñecidos por min antes de eu ser esta. Polo peixe morre a boca pintada da que
e
s
v
a
r
a
n
a
s
v
e
r
b
a
s
Ningún comentario:
Publicar un comentario