Non vou escrever
Non vou espremer nengunha ideia
Menos mal que están os carteiros
os do lixo
os estancos abertos
os almorzos para a xente que vai limpa
xa
e o odioso bos días da farmaceutica
tamén.
Menos mal estas costas,
nas que súo
as bágoas
así non teño que pensar en nada
porque non choro.
Por qué me anoxo?
Cecais é só este fin de festa
este non erguerse
este non-almorzo
á mañá despois
na que os paxaros son amigos porque
están vivos
de volta
qué casa
a outra
a que deixo
e queimo
a que era o amor- o día - beleza - o salvaxe.
Isa casa.
A miña.
Que xa non teño.
E os paxaros prúen co seu piar
mencendo
e onte pensei en esquecerte antes que
o galo cantase
pero me apertei a ti diminuta
como se foses dez anos máis.
Así abrin a boca
caeu unha baba
bágoa de desexo contido
unha pinga salgada e transparente
(proba) na escena do crime.
Ningún comentario:
Publicar un comentario