sábado, 3 de marzo de 2012

Sen ti / Sin ti



Mañá ás cegas. Ollos tapados, pelo negro.
Espéranos unha bolsiña con nomes elexidos ao chou ou por deus.
As posturas daránsenos mellor se xa nos chiscamos o ollo algunha ves antes.
Non te namores, besbeséllame ela, lennos os beizos ás agachadas.
Nada diso, eu xa non miro de esguello,
o sol de fronte, nin importa a cegueira,
a suor é a nosa estrada:
luvas-máscara-cordas,
carozo afumado con cinta,
onde vai iso que dis da primeira vez!


Mañana revueltas a ciegas. Ojos tapados, pelo negro.
Nos espera una bolsita con nombres elegidos al azar o por dios.
¿ Se nos darán mejor las posturas si nos hemos guiñado el ojo alguna vez?
No te enamores, me dice ella mientras nos leen los labios de puntillas.
No te preocupes, yo ya no vivo de perfil,
el sol de frente y no importa la ceguera,
el sudor es la carretera:
guantes - máscaras - cuerdas
manzana corrida.
Lejos, la primera vez.








3 comentarios:

  1. Precioso, nena.

    Non penses que che esquecín, sei que temos unha pendente, pero últimamente non me da a vida...

    Mil bicos

    Bego

    ResponderEliminar
  2. nin a min! xenial concidirmos nesta etapa reocupada. Grazas! gustouche este? andábao a reler e non sei se hai onde se agarrar no poema. jeje ;D we'll see con tempo! falamos! muaaaaaaaaaaaa (merci;D)

    ResponderEliminar
  3. quería dicir que vereino co tempo (o do poema) a ti vereite xa! muich ;D

    ResponderEliminar