luns, 21 de novembro de 2011

A nosa Vida comenza por V

Carmen Pliego


Ya que nadie lo dice...Abstención: 9.513.860 Nulos: 310.219 En Blanco: 326.484 Total: 10.150.563 (casi los mismo votos del PP)




Queridas todas, 
cecais este ano haxa que escribir a cartiña das raíñas magas moito antes, e para iso cómpre apagar a tele, acender un candil -as que poidan a chimenea- tentar ouvir ao moucho fóra ou as urbanitas subir a música preciosa dun mozart ao piano ou se preferides escribir de día, dunha Kleenex-Liliput marchosas. 

A nosa vida, nunca, nunca pode depender dalgo que non sexamos nós, semello dicírvolo a vós, pero en realidade son eu a que lembro. Cómpre tocar o tecido do vestido que levamos hoxe, ollar dentro da mochila ou do bolso o libro que estamos a ler, repasar a xentiña á que amamos nas fotiños da casa, nas últimas mensaxes, nalgunha carta que de seguro temos por algún caixón.

Cómpre tamén facer algo de memoria, pensar nos disfraces favoritos que tiñamos canda nena -e que sobre todo gostabamos de poñelos a diario- ou todo o contrario, como loitabamos por chegar a desfrutar de scaletrix e control remotos. 
Cómpre tamén ir comezando a lista, e cecais a miña vaia levar de primeiro uns walkie talkies. Para poder baixar á rúa e comunicarme con estes queridos que viven no mesmo barrio, sen tanto móvil tan caro, tantos euros que se me convirten en horas de traballo (pagadas a pouco máis de seis euros e por aí din grazas).
Cómpre tamén pedir o manual de Crimethinc para aprender a esquecer e poder cecais a vivir algo menos pesada, sen medo á pasma -sen facer nada de nada- sen medo aos cartos, a non telos, sen medo á escala de valores que me coloca as veces uns chanzos máis abaixo. Saber de todo o que nos condiciona, e comezar cecais por comezar a tirar algunha chaviña que outra ao lixo á poceta: a da taquilla q nos obrigan a pechar por se nos rouban, a do coche que fai meses non usamos, a das casas coas que especulamos, podendo poñelas seguramente sen moito esforzo e sen que a lei nolo diga -por agora, e qué bonito sería que fose así- a un prezo xusto. Cómpre ir anotando xa como segundo, o CrimethINC para beginners , o libro do que vos falo, por se me pega algo non só de empoderarse, senón de renuncias, e abrir ollos ao que sobra ou ata, ou dunha vez por todas aprender algo desta cita-licencia tan fermosa que abre o libro na que esta xente do colectivo CrimethINC che di que por favor reproduzas o libro e que se se che ocorre poñer embaixo que o escribiches ti, que por favor o fagas ;D! entre outras moitos xeitos de dicirche que ise saber non se rexistra nin rexe máis aló do maxín dun lector/a. ;D
Cómpre amigas queridas, pedir tamén moita forza, para que os nosos barcos de aborto libre* e con saúde, cheguen a todos os portos, e para que aprendamos unha menciña nosa que non nos mate nin nos presione, que non decida por nós nin responda por o.
Cecais sexa necesario tamén saber dende agora con quen se fala, así que eu déixovos as miñas ideas de cómo celebrar este ano o akelarre coas máxicas raíñas que nos traen os regalos. E así poder usar as vasoiras como armas, como durante tanto tempo fixemos, lonxe da sociedade do espectáculo.
Despídome de vós pensando en numerosos títulos de ciencia ficción e fantasía hardcore para engadir á lista. Despídome dicíndovos por última vez quen son, que quero, onde vou. Cecais esa luz que vedes pasar a grande velocidade e non sabedes se é unha estrela fugaz ou o rastro da lúa, é o lume desta nave autopropulsada por tanto desexo**. 
Unha vez máis o mundo cae e nós subimos subimos como a escuma, nas nosas flotantes vasoiras iluminadas.
Boas noite e moita sorte.



*[Catárquico é sempre estar entre amigas médicas-hoxe por exemplo-, nas que as conversas persoais falan de DECISIÓN como o normal e a palabra aborto sempre sae e éche como falar de apendicite é dicir, a diferencia de tódolos outros ámbitos da miña existencia agás o do feminismo) o aborto existe e non é sinónimo de perda natural dos primeiros meses!]

**[=resistencia&pracer]

Ningún comentario:

Publicar un comentario