Páxinas

mércores, 12 de outubro de 2011

Perfil perfecto

Qué namoradísima estou deste home gordo, do seu perfil groso; qué namorada estou dos detalles que nos van contando a historia, desenrolando (hai unha verba propia para isto, pero agora non a topo) a madeixa nos atopamos, cos nosos ollitoscorazónalma&intelixencia, qué manera de tratarnos a corpo de raíña, qué xeito de ternos en conta, de coidarnos, de dárnolo todo, sen dicilo en alto, sen presumir de que é un grande amante.
Ais, qué namoradísima estou de Hitchcock.

[por unha vez os xornais do mundo e máis eu concordamos!]


[Ata nos trailers fai agasallos ao espectador. Ollade a presentación da personaxe que máis aló do segundo primeiro (da película) no que perde a vida (toma eufemismo feo para falar dun asasinato!), nunca máis o imos ver, buaaaaaaaaahhhhhhhhh!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario