domingo, 7 de agosto de 2011

Resistencia e Pracer, again and again!

Chégame un convite dunha boa amiga para participar dun cadáver esquisito sobre mulleres de/en carne viva. O texto, a reflexión o pistoletazo de saída é feminista, bonito, empoderador, e tamén hai un parágrafo no texto no que se chega a dicir que non é un proxecto feminista. Sempre, dende noviña, me chamou a atención o rauda que está a xente a dicir a palabra mulleres (e polo xeral prefiren o feo "muller") e o odio que lle teñen á verba feminismo. Chámame a atención porque cando eu me enteirei na adolescencia que había un movemento de liberación sexual na historia, o que me cautivou non foi que as súas intergrantes foran mulleres, senón a súa condición de luita. Como cando descubrin o ecoloxismo e o pacifismo, e sobre todo o anarquismo, o que me seduxo foi o seu carácter real, isto é, moita xente, moitos anos antes ca min, séculos!, sabía o que eu sentía e o materializaron e se organizaron para facelo real e reivindicar os dereitos que lles faltaban, para erguer a voz, para comunicarse e avanzar... si, iso foi o primeiro, claro que de seguida recoñecín que todo o que dicían era o que pensara eu de sempre! así que claro que a identificación foi amor, reflexo, paixón. Pero por iso aínda me chama máis a atención que a xente teña terror á palabra, e medo a usala na rúa, ás belísimas pintadas, á ilusión de traballarmos xuntas -no textiño se identifica feminismo con separatismo- (ninguén lle pecha as portas aos rapaces, pero cantas veces veñen poñernos no noso sitio cando estamos traballando... pero se veñen currar connosco benvidos son, como xa o está sendo!) á expresión radical (de raíz) do que sentimos, sabemos...




Engado aquí a foto-aviso sobre o medo á feminidade, porque tamén da outra beira, a da luita queer se nos esquence a misoxinia dos lentes do mundo. Renunciar quereremos renunciar á performatividade da feminidade (eu non!) pero nunha desas se nos vai... e rematamos negando todo o que se asocia simbólicamente a nosoutras, coidado! que cada unha faga o que lle pete, pero isto está aí!

Gloria Steinem - House Party Video from Outrageous Acts on Vimeo.



[foto roubo ao Life Magazine do 1965 a través de fp de Gloria Steinem declarando os seus principios! e a fuckyeahfemmes]

Ningún comentario:

Publicar un comentario