martes, 23 de agosto de 2011

Pulo azul tinta



Andaba o outro día vendo por segunda vez o bonito documental sobre o cómic norteamericando Comic Book Confidential e flipando coa queimada de comics en plan inquisición que fixeron nos anos 50 nos EEUU. Cómics inmoráis, cómics sexuais, cómics criminais, as "comiquitas" eran a arte popular, o ocio cotiá xunto co cine. Grandes e pequenxs desfrutaban desta arte que se foi soltando ata expresar o máis vil do ser humano e o noso morbo por estas ocultas artes... como se fosen un demo do que fuxir, unha influencia grandísima, os tebeos foron regulados por psicólogos infantís primeiro dende as -xa- pesadísimas tertulias televisivas e por un comité regulador e censor, despois...
pois ben, vendo todo isto pensaba eu que realmente a arte transgresora si da ás e si que da fe e si que empodera. A ficción é a que nos fai ás veces non só de colo, refuxío, cova, identificación monstruosa frente ao social homoxéneo, senón que nos axuda a ser máis activas, sair a rúa, vestirnos e desvestirnos estéticamente como nos nosos soños, nas nosas fantasías... eu "críame" Tifoidea, cando lía esta historia, e a miña mellor amiga daquela era a dama das cadeas, vingadora feminista... ai, que vinte anos tan feros... qué postadolescencia azul, chévere... E hoxe atopo a Helen Gorril transgredindo a herencia cultural que nos vén da relixión e atopo o retrato dela, a miña S., daquela... nunca se sabe onde van rematar as nosas imaxes e como, de que xeito, a nós voltarán...


Máis Gorril e a serie completa, aquí.




[A primeira foto á mensaxe e a orixinal dentro da sms miñas!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario