martes, 7 de xuño de 2011

...ou un caracol que sinte unha gota como un golpe



 
Cada vez aquí sento leo as extremidades fráxiles de Gaia Danese
cada vez que que me berran baixo o toldo collo un cigarro e volvo fumar no escuro
leo o paseo nocturno de cans imaxinarios
na chuvia leo como ela atopa nas cancelas altas a chave do seu salto mortal
ao sono que non atopa
e consumo o cigarro cos pulmóns anoados de pracer
(era amizade /amor/ desexo /metamorfose?)

Mentres esperto desa chuvia rosada –a primavera non para-
vexome estarricada
as extremidades estiradas como un becho dado a volta
o libro no chan
no pensamento qué será iso de facelo de pé e que eu podo sen mollar nada fóra .



Ningún comentario:

Publicar un comentario