martes, 15 de febreiro de 2011

Cristal opaco



Non sei se sabedes que me gusta xuntar un libro, unha peli, e un disco semanalmente, pois esta foi a pasada semana... ollo ó tesouro que atopei aquí : a foto REAL de Thérèse de Lisieux vestida de Xoana de Arco, momento crucial da película que vos falei o outro día [aaaah! nisto é no que atopo máis complicidade con algúns creadores, que mesturen unha imaxe potentísima (que podería ser un detalle preciosista aillado) cun intre fundamental no desenrolo da trama, ou do fío conductor do filme, libro ou cadro...]; e ollo tamén ó blog de j. hanniver que vos enlazo, pois vai de textiles, pero inclúe fotografías históricas que merecen ser vistas... O disco que puxo son a esta semana foi Parallelograms da incrible Linda Perhacs, que penso que xa vos contei a historia de que pasou á historia do folk experimental con ese único traballo e que hai un documental (do 2010) sobre ela na actualidade que esperemos que nuns mesiños estea disponível. E o libro foi de novo A Campá de cristal de Sylvia Plath. E aquí fago unha pausa e respiro.
Para ilustrar esta entrada coa Plath busquei nas fotos da rede posibilidades, ben pois inclúo a anterior capa do libro de edhasa, a actual é así, e me pregunto de paso como sería o título axeitado en galego. Como lle chaman na terra ás pantallas cristalinas coas que nunca me atopei máis que enriba dun queixo. Pero esta semella estar relacionada co laboratorio- obxecto de estudio, fetos en formol...- e ben seguro co baleiro... Se ledes o libro veredes tamén non é casualidade que a anterior capa do libro fose esta que vos subín aquí e así me leve irremediábelmente ás  Images de la folie de Claude Quétel! uf!
Boa nova semana para todxs!


Ningún comentario:

Publicar un comentario