Esta semana tocoulle a vez a un clásiquísimo que sempre anda por aquí, tocoulle a Macbeth e andiven vendo como falaban as meigas na versión orixinal en inglés, vendo como era a traducción de Galaxia, e fardando da que finalmente eu posúo que non é maís nin menos que unha que mercamos miña irmá e máis eu de adolescentes nunha colección de kiosko -en castelán- e pódovos asegurar que é a mellor das 3 ou catro que consultei, incluídas as de dover, e penso que oxford classics in english. Como a persoa que fai a edición comentada non asina, non vos podo dicir de quen é, pero deixo embaixo o isbn por se a alguén lle serve, pois é unha pasada, fala dos engadidos e os borróns da orixinal, das outras edicións comentadas, e aporta a súa opinión sobre algúns temas, baseándose no contexo histórico que me parecen ben atinados!
Aquí vos deixo a apertura das bruxas na versión fílmica de Polanski (1971) e a Pipilotti arrodeada da enerxía de Pepperminta que é a peli da semana...
A banda sonora podería ser MURMEL, jeje (aínda que o meu video favorito delas é iste!) pero a elexida é a caixiña de Barbara Manning -ese regalo tan querido! e tan noventeiro!- ...será que tamén será meiga ou porque brinda cun caliz de sAngue como Pipilotti cando leva ás súas á casa?
jeje
Boa semana que xa remata!
Shakespeare, W., Shakespeare Tragedias (La tragedia de Romeo y Julieta, Hamlet Príncipe de Dinamarca, Sueño de una noche de verano, La tragedia de Macbeth),´Club internacional del libro, Madrid, 1993. ISBN: 8474611954.
Máis Biblio: o noso Grimorio (poesía) de Emma Pedreira Lombardía e o ensaio deste pasado 2010 Calibán y la bruja. Mujeres, cuerpo y acumulación originaria [haberá que seguir con A tempestade, logo!]
Pues sí, La tempestad es maravillosa... La próxima semana investigo e investigo... Bs!
ResponderEliminarguay, pues ya nos contarás. un bico! hasta marzo!
ResponderEliminar