luns, 24 de maio de 2010

Tinta azul (letras gelegas en Madrid 2010)

O pasado mércores celebramos as letras galegas en Madrid de moitos xeitos. Estou segura que o círculo de Luz Pichel e por outro lado Maite Dono, estou segura de que moitos/as galegos/as leron uns versiños ese día, ou que cantaron unha canción, aquí en Mordor, para soar ben alto na ialma e viaxar así a esa terra que dende que a pisas (de bebé) ou tempo despois de mociña, se che pega nas plantas, pasa a constituir o teu mapa e non haberá xeografía astral que se resista ás súas rotas, tal é a atracción do imán.

Pois ben, o Grupo Bilbao decidiu aproveitar que un menbro -moi activo e argalleiro- forma parte da comunidade académica da Universidade a Distancia e así puidemos celebrar a Uxío Novoneyra e a nosa cultura na lingua de noso nas fermosas "escuelas pías" da Uned en Madrid. E aló fomos...
eu como convidado satélite distante, pero sempre interesado, e a maioría dos outros, como membros ben activos da poesía galega.
Por se fose pouco esta celebración en vivo, este recital cos nosos propios versos, presentamos un libro que o mesmo imparabél organizador - Xavier Frías- editou. Uns mesiños antes fomos requeridas para deixar a impronta dos versos que leríamos ese día, poñendo papel e memoria de por medio... xenial, por isto estoulle agradecidísima.
Os/as que recitamos tal fermoso día fomos:  Vicente Araguas, Miguel Barrera, Ana Cibeira, Xurxo Fernández, Xavier Frías, Luis Luna, Manuel Pereira, Begoña Regueiro, Rafa Yáñez, e estivemos moi ben acompañados polo limiar de Asunción Canal Covelo -no libro- e as bonitas palabras ese mércores 19 de Maio de 2010 da vicerretora Mercè Boixareu e da ilusionada Carmen Mejía da Complutense, verdadeiro pulo do departamento de galego da Complutense e da revista de estudos galegos Madrygal, tamén desta universidade.

Aquí tedes o libriño e a libraría onde vos podedes facer con el en Madrid, polo de agora penso que a única que o ten. Tamén podedes contactor co editor para conseguilo.
O acto quedará na retina de cada un/ha de nós e nos vindeiros días na radio e tv da UNED, jajaja.

2 comentarios:

  1. Y qué chévere y punkita recitó!
    jose.

    ResponderEliminar
  2. Qué bueno el staff del recital. Tiene que haber sido una gozada. ¡Enhorabuena, Ana!

    ResponderEliminar