domingo, 30 de maio de 2010

Insubordinadas

Interesantísima a proposta da piscifactoría, que nos trae poetas da outra beira do "charco".
Eu non o perdo por nada! E estade antentas a todo o traballo da RED fósforo, verdadeira aposta por sacar a arte ás rúas, ás que pertence!

sábado, 29 de maio de 2010

Ensaladilla vermella&negra

Onde escoitar a un dos meus grupos favoritos da historia: ensaladilla rusa!


[programa de radio no que as dúas primeiras cancións que pinchan (minuto 5.30) son deles!]

xoves, 27 de maio de 2010

Perdida

Good bye ceniñas dos martes, desvelos de final de temporada, cacareo-debates dos venres á noite... snif!

mércores, 26 de maio de 2010

Todo o que reloce non é ouro





hoxe vai moito sol
pero é un día escuro

Regalar é revolucionario*. Unha crista no corazón

"afeite al perro es un sello que ha conseguido que mucha gente lo siga sin renunciar a nada de lo que le gusta (...) "¿pero no lo lleva un punki de 18 años ?" (...) "Ah!!! yo pensaba que era un chaval con cresta...!"   VICTOR

Non sei se somos moitas, pero si afortunadas! A cousa empezou pouquiño a pouco, catro mozos formaron un selo para sacar os seus propios discos, movidos polo espíritu punk d.i.y. (do it yourself - faino ti mesma) armáronse de ganas e foron editando o traballo dos seus grupos: silence in music, ensaladilla rusa, bicicross, campamento ñec ñec...  participando e axudando a crear  unha escena punk en Madrid... Logo as chamas foron minguando en actitude e pouco a pouco o círculo de lume protector dese momento punk deixou saltar ós medios "seica" INDEpendentes dentro... Algunhas bandas amigas foron vivir o directo nacional, respondendo ás espectativas, a outros lares... pero  os afeitaperros tiñan as súas razóns para optar por outra experiencia artística. Así J&J formaron TETRIS, para desentoxicarse: dando entrevistas só a fanzines, e tocando na rúa; Tetris foi un proxecto "desenchufado" dos dous que quedaron na nova etapa do selo, sen pedir cartos nin aceptalos animaban as soleadas tardes da rúa madrileña (aínda que fixeron un benéfico para Ladyfest e telonearon a Chris Leo en La dinamo) e deulles tamén por regalar os seus discos: só tiñas que ir a un dos festivais raros que montaban os seus amigos para sair dalí cunha cinta feita a man ... e seica  había xente que repelía as cassettes como se foran caca, ata cara de noxo e mini empurronciño co meñique na beira da mesa lle daban... eles flipaba e sorrían, entusiasmados e borrachos... !!!


Pero a cousa pasou a máis... os trinta esperaban agatuñados con depresións e roturas amizosas detrás da porta, e así viñeron ácedos momentos para un seliño que soubo resistir ó ciclón... fortes aínda que doentes tiraron para adiante e así foron nacendo proxectos ós que se agarraron:  o  HAZ e o HASTÍO (dous fanzines de debuxos), casettes como xoguetes, concertos na casa para xs amigxs... Moita leria que  tampouco os salvou de distanciarse... apoiaron as guitarras que foran as súas armas dende a adolescencia  e o selo pasou a ser conducido por unha soa J.

*
J. quixo rompelo todo... desaprender, esnaquizar, esquecer...  producir os sons que lle daban pracer, buscarlles o ollo do labirinto, rachándoos ata o epicentro,  xogando co silencio, ofrecéndose estático no escenario berrando nunha castigadora espiral de autoflaxelación. Calou a boca, atou a voz armónica, mirou dentro, o negror buscou. Con Conrado xurdiu PULMÓN e  coa que escrebe, HUMOR VÍTREO. El so nomeouse ATOMIZADOR. Desaprender, esnaquizar, esquecer: causa ou meta desexada?



Pouco a pouco o de tocar na casa cnverteuse en  montar concertos e en participar intensamente nesta escena diminuta e subterránea pola que aposta a cegas o divertido cadelo! Pero non estando contento en solitario comezou a editar frenéticamente e a colaborar con: SUDOR, C-UTTER, TZESNE, PARALUX, ABOMINABLE FUTURO, BORU BORU, SOIZU, IBON R.G., BIKO, KAFEA ETA GALLETAK, AKAUZAZTE, e co(a)s fanzineras/os de TEMPUS FUGIT, de CORAZÓN SALVAXE (ejem!) e do fanzine CARNE.  Todas/os pasamos polas súas fauces famentas e relambidas! Ata día de hoxe no que está na rúa recén saído do forno o disco recopilatorio de SMOKING ROOM, un proxecto de María, Javi e Pablo (antigo compañeiro de afeite) que eu celebro tanto que é o pulo que me levou a escribir esta homenaxe.
Para que vexades o espírito de "afeite al perro" direivos que esta antoloxía recolle o que serían os dous discos que grabou o grupo se tivera chegado a sair da casa algún día + unha fermosa cinta que o grupo lle fixo a J. daquela, isto é, vintepico cancións dun trío que tocaba na saliña de estar, non pretendía nada e pensaba que as  cancións eran himnos persoais da fin de semana e non verdadeiras perlas de sentimentos adolescendo, que é o que son.


Se alguén por aí, polo espacio exterior coñece e gosta de FAMILY, este disco será dos seus favoritos, e isto é o impresionante, este rescate é un tesouro pop entre outros moitos do selo que normalmente traballa con músicas difíciles,  vangardistas e crípticas, pero non por iso menos interesantes e de calidade.

 Ademáis, a vertixe na que se move o selo (non hiperactivo pero si ultradinámico) é unha espiral de xente que quere participar, facer, editarse, distribuir, debuxar, montar benéficos, rebuscar na rúa a súa propia linguaxe artística, entrando en contacto directo coas mesmas que están nesa busca... e de paso compartir, celebrar, xogar! alomenos isto é o que provoca en min e no círculo dos que se achegan a este marabilloso universo canino! guau!



[...moitas somos as que pasamos húmidas e felices polas súas babas... non hai bautizo sen lambidas na casa do can...]



Discografía complementaria: no blog do Joven Fodro, RECORD COLLECTORS ARE PRETENTIOUS ASSHOLES, podedes escoitar unha mostra de algúns dos grupos de AFEITE AL PERRO. [Grazas polas reseñas e por colgar a música!]


[Fotiños: último flyer xeral do selo; flyer dun catálogo da época de Ensaladilla; portada de unha cinta de Atomizador; cartel dun concerto organizado en febreiro 2010; local de ensaio de ATOMIZADOR, HUMOR VÍTREO e BIKO; o catálogo musical desta última etata de afeitealperro ó completo -falta o catálogo gráfico, os fanzines!-]

*REGALAR É REVOLUCIONARIO, lema e proxecto de fanzine de J-Atomizador!



martes, 25 de maio de 2010

Xuntas e revoltas en Carcelona


ISTO SUCEDEU EN XANEIRO 2010! EN PALABRAS DE C-UTTER:

"HUMOR VITREO y C-UTTER Juntas y revueltas en Radio Bronka
Que ganas teníamos de que llegaran estos dias, finalmente brujas y meigas conjuraron para que saliera un fin de semana perfecto, creando una bonita alquimia de productividad , magia y armonía. Fué todo un placer tener a l@s chic@s por aquí, Vitreando con nosotras. El resultado lo puedes oir mas abajo, y es un presagio de lo que saldrá proximamente por afeite al perro y knife cult.
La familia sigue creciendo y el mal sigue persisitiendo !!!"
EU NON O DIRÍA MELLOR...muaaa, preciosas!

[Para escoitar o enxendro musical que formamos c-utter e máis humor vítreo en RADIO BRONKA  e que tomará forma de neniña nos vindeiros nove meses, grazas a afeite al perro e knife cult, preme no play que indo aquí está debaixo da foto!]
Pincha aquí para escoitar o podcast del programa:

O faro tóxico (sobre Xoguetes póstumos)

A RESEÑA DE LUPE GÓMEZ SOBRE O LIBRO DE EMMA E UN CHIQUIÑO MEU, Xoguetes póstumos! que bonita é!


DESPOIS DA MORTE
23.05.2010
LUPE GÓMEZ


Creo na resurrección dos corpos e das almas. O cura de Fisteus crucificouse durante a semana santa, pero despois de sufrir moitísimo, el reapareceu no mundo sen barba, co pelo cortado e cunha expresión de felicidade na cara.


Que sucederá despois da morte? Ese misterio move todas as preguntas e todas as respostas. A morte é como un motor que nos fai andar, soñar.

As persoas honradas resultan case invisibles mentres están vivas, e despois de morrer reciben todos os honores, todos os recoñecementos. Os escritores viven na miseria durante toda a súa vida, e despois de mortos convértense en persoas importantes. Na morte hai un campo de fútbol, hai porterías, hai unha pelota. Os mortos xogan, marcan penaltis, fan trampas. Existe nese espazo luminoso da morte un xornalista que anuncia os goles como se estivese experimentando un orgasmo. Hai mortos que son do Real Madrid e outros mortos prefiren o equipo do Barcelona. O fútbol reina no mundo dos vivos, e tamén reina despois da morte, porque é unha paixón pura.


O xoguete é un concepto imprescindible e toma o seu máximo valor no contexto do desenvolvemento humano. Os mortos teñen videoxogos e flipan moitísimo porque se conectan con todas as galaxias. As mulleres mortas xúntanse todas as tardes nunha cafetería que está situada fronte ao mar, e xogan ao parchís para pasar o tempo e divertirse. Antes os xoguetes eran artesanais e agora están fortemente influenciados polo mundo do mercado. Os nenos mortos xogan aos xogos que son anunciados na televisión. Está prohibido xogar a cousas espontáneas, libres. Están prohibidos os afectos.


Eu lembro xogar a facer flans de terra. Para que os flans saísen moi ricos e moi saborosos, a terra tiña que estar mollada e achegarlles consistencia a aqueles postres marabillosos. Cando estabamos mortos, comiamos unha tortilla de herba e unha empanada de fieitos, e o postre sempre era un flan de terra, feito con todo o cariño e toda a paz do mundo. Era un xogar totalmente orientalista, telúrico. A infancia convertíase en morte primeira, total.


Faro tóxico



A muller-mapa decide saír do seu faro para compartir os seus versos coa xente. A muller-mapa carga co peso do mundo enteiro nos seus ollos, na súa cabeza. Chega ás librarías un fermoso poemario de Emma Pedreira, con ilustracións de Ana Cibeira, titulado como "Xoguetes póstumos". O faro é tóxico, definitivo? Existe vida despois do faro? Este libro gañou o III Premio de poesía erótica Illas Sisargas. Hai poemas coma este: "Fóra da casa, outra casa de cristal chamada vento". O faro constrúese a si mesmo no momento da destrución fatal e orixinaria. As palabras poden ser tóxicas porque están debuxadas cun acento forte, cunha medida íntima do tempo.


A nena-soño escribe, para a muller-mapa, un texto-carta que di así: "Atada estou a esta voz de tinta, a este faro en ruínas premonitoriamente, de xoguete na man xigante do que regresa e esgaza." Emma Pedreira constrúe os seus poemas como se estivese xogando cos piratas e coas pantasmas. Tira botellas ao mar para que alguén, nalgún lugar afastado, escoite os ecos dunha voz ferida, fonda. A súa escrita ten un poder totalmente magnético, porque consegue atravesar a morte das cousas queridas. O erotismo é unha actitude valente nun mundo totalmente frío e mecánico. O erotismo é un lume que arde pouco a pouco. A muller-mapa dille ao bosque: "Cíclica e palíndroma ábrome na miña fechada ferida fonda. Fuxo en por min. Cruzo sen mirar. Atropeladamente".


Xoguetes póstumos
Ilustradora: Ana Cibeira
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
02/2010
Caldeirón
64 p. il. 21x16 cm
rúst.
821.134.4-1 - Literatura gallega. Poesía.
10,00 Euros

luns, 24 de maio de 2010

Tinta azul (letras gelegas en Madrid 2010)

O pasado mércores celebramos as letras galegas en Madrid de moitos xeitos. Estou segura que o círculo de Luz Pichel e por outro lado Maite Dono, estou segura de que moitos/as galegos/as leron uns versiños ese día, ou que cantaron unha canción, aquí en Mordor, para soar ben alto na ialma e viaxar así a esa terra que dende que a pisas (de bebé) ou tempo despois de mociña, se che pega nas plantas, pasa a constituir o teu mapa e non haberá xeografía astral que se resista ás súas rotas, tal é a atracción do imán.

Pois ben, o Grupo Bilbao decidiu aproveitar que un menbro -moi activo e argalleiro- forma parte da comunidade académica da Universidade a Distancia e así puidemos celebrar a Uxío Novoneyra e a nosa cultura na lingua de noso nas fermosas "escuelas pías" da Uned en Madrid. E aló fomos...
eu como convidado satélite distante, pero sempre interesado, e a maioría dos outros, como membros ben activos da poesía galega.
Por se fose pouco esta celebración en vivo, este recital cos nosos propios versos, presentamos un libro que o mesmo imparabél organizador - Xavier Frías- editou. Uns mesiños antes fomos requeridas para deixar a impronta dos versos que leríamos ese día, poñendo papel e memoria de por medio... xenial, por isto estoulle agradecidísima.
Os/as que recitamos tal fermoso día fomos:  Vicente Araguas, Miguel Barrera, Ana Cibeira, Xurxo Fernández, Xavier Frías, Luis Luna, Manuel Pereira, Begoña Regueiro, Rafa Yáñez, e estivemos moi ben acompañados polo limiar de Asunción Canal Covelo -no libro- e as bonitas palabras ese mércores 19 de Maio de 2010 da vicerretora Mercè Boixareu e da ilusionada Carmen Mejía da Complutense, verdadeiro pulo do departamento de galego da Complutense e da revista de estudos galegos Madrygal, tamén desta universidade.

Aquí tedes o libriño e a libraría onde vos podedes facer con el en Madrid, polo de agora penso que a única que o ten. Tamén podedes contactor co editor para conseguilo.
O acto quedará na retina de cada un/ha de nós e nos vindeiros días na radio e tv da UNED, jajaja.

domingo, 23 de maio de 2010

A noite en chamas (prisma de lume)

Como repito estes días, sego a estela de Bicicross enchoupándome de Smoking room (o marabilloso Frodo xa subíu reseñiña e música ó seu e-zine así que xa as podedes escoitarlas aquí, uaaaa! grazas!!!) e agora teño a sorte de atoparme con Prisma en llamas. Quero dicir que teño a supersorte de que PeLL esté pasando agora mesmo, que poida ver a Pablo (o artífice dos grupos que acabo de citar) e a Hugo (de Margarita) subidos ó escenario, incluso antes de que haxa disco polo mundo... si! isto é un obstáculo, pero tamén un reto, e as amantes da poesía sabémolo ben... cantas veces perseguimos poemas que nin sequera apreixou un libro, cantas veces nos chega esa raioliña a primeira hora da mañá, nun pano metido por unha amiga no noso peto onte de madrugada naquela tola festa, ou achamos versos ó ar nun bar que quere ser un continente de letras...
Por iso, recoméndovos Prisma en Llamas, porque a maxia da fantasía pop dos outros proxectos favoritos meus está viva, porque está a suceder agora, porque hugo e pablo son pequenos que se renovan cos anos, e experimentan e arriscan e queren palpitar diante nosa e contaxiarnos a súa paixón polas letras de bolillos e os brillos feitos música, ou como din eles, facernos ver que "los colores no dejan de sonar..."


***enlazo o myspace que teñen, pero deberiades atoparvos con eles en directo ou limpar a lámpara con brío desexando que o disco saia, porque teñen un son bastante máis potente de voces difuminadas polos miles de brillos musicais de caixa de música... de teclados que alumean, ca nestes dous temas no seu space na rede...***



[fotiño: se non me equivoco é de natasha nanou!]

sábado, 22 de maio de 2010

Un mundo marabilloso (Agus Castellani)



non é absolutamente incrible?
é AGUS CASTELLANI, é unha maga, unha privilexiada, unha nena incriblemente cercana e unha artistaza. O único que me interesa, a vida violenta, quente, sen historias, sen ambicións absurdas que nos separan, sen obscenas búsquedas do goce a partires de que o poder me abre a porta...


As dúas primeiras imaxes son fotos de uns teatriños, unha mini instalación que ela fai e fotografía nun papel perlado de incrible textura e brillo. A tercera imaxe é un detalle dun cadro-collage ben grande e caótico!

xoves, 20 de maio de 2010

Bébeme, cómeme!


Despois de aaanos, e fedellando na configuración do blogue, tentando arranxar que o perfil e moitas máis cousiñas que quero que saian á dereita e que non se sabe por que empéñanse en sair embaixo das entradas, consego sen querer tamén, reactivar AS MENSAXES! así que xa sabedes, libro de visitas ou mensaxiños nas entradas, serán benvidos!!!

luns, 17 de maio de 2010

O que queremos



Máis sangue negro en forma de carta

Bella, me levanté tarde y con resaca así que no pude amenizarte el café. Acabé en una fiesta de                                con                 y amigas...
uaaaaaaaaa
todo el mundo, el universo, habla de lo mismo que nosotras , de la sangre negra, de crear frías... te contaré lo que contó H. de esto... Ahora me voy a celebrar ____________.
Habéis hecho que este despropósito de días se conviertan en los más dulces del año.
Quérote.
muaaaaaaaaa

                     a.

Felicísimo día das letras -2010-!

Iso, a desfrutar este fermoso día, na nosa cultura, que por moito que nos guste tapala e tapala, reloce por si soa, en boa e grande parte pola nosa literatura, o dito, a festexar!!!

Déixolle a presentación do belo Uxío Novoneyra ós rapaciños do CEIP Igrexa Chapela, e ás investigadoras Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer e Olga Novo.
Desfrutade do arte destes intrépid@s bebés!


sábado, 15 de maio de 2010

"Violentamente felices"

E tanto... a falta de un video/ foto/ tema das marabillosas SILLA ELÉCTRICA que onte me levaron ós meus soños de guitarras altísimas e voces enterradas, a diálogos apocalípticos a dúas voces... aquí vos deixo ó mellor grupo de punk ibérico!


"Alaska lleva las muñequeras de adorno, yo las llevo para pegar" U.R.

E como no meu corazón esta moediña ten unha cruz moi clara, aquí vola deixo: TUNNEL CANARY, rara avis favoritísima!

xoves, 13 de maio de 2010

A festa no seu pelo

Este mediodía vin ó lonxe na rúa a unha ladyfester, unha das máis chamativas, e o corazón deume un chimpo. Con ela viñéronseme enriba os días de soñar que estas pequenas que veñen empurrando son fantásticas-os días de comer pasteliños marroquís-de bailar por dentro o pogo de le tigre que todas executaron mentres eu gozaba de tanto corpo libre, de tanta revolución ó noso estilo-de soñar de novo co meu grupo de punk que parece que vai ser de pop-de escribir pensando, como sempre, soñando e logo enrugar panos no peto que ás veces non volvo mirar, gústame saber que están aí manchados de tinta e suor, e que me leen a mente como D. a Elisabetta- viñéronseme enriba a cervexa con Ainhoa e os rapaces a primeira vez que pisei a casablanca e un pouquichiño despois as risas cos ollos doridos pero entusiastas mentres colgabamos os collaxiños e as fotos de Almudena...poñíase o sol naquela habitación sen luz- pensei no primeiro sábado con lola cando abriron a Tabacalera e había moitísima xente e a todas lles cruzaba de orella a orella un sorriso satisfeito que cedo ía ser revirado polos funcionarios de vida nada violenta, 0 apaixoada, e 100% en "cuarentena", pero non paga a pena nin nomealos- e lembrei como tropecei con m&m cando subían con maite a incediar a noite, e rin xa a gargalladas soa pola rúa.

mércores, 12 de maio de 2010

"Mapa da cidade prohibida"

Un dos poemiñas do mércores que vén, a desfrutar:




MAPA DA CIDADE PROHIBIDA


Cada vez que penetramos nun punto negro do mapa
-aspas de sangue agoirando loitos-
imaxino un Los Ángeles sucio
un pobo profundo
un monte cheo de flores bonitas por todas partes
unha ruela allea.

Pero é á miña vida onde pode chegar a realidade
substituír ó medo
-este peso impreciso sen libro de instruccións-,
na capital Carapuchiña verterá a súa orquídea profana
ungüento orgánico extremadamente repulsivo
estendéndoo pola cara ata que o agresor fuxa
de noxo
é neste bosque de cemento onde saca a pistola luar das bragas
vestindo despois un fermoso abrigo de pel de lobo
como soña Roald Dahl e sabe a historiA que tamén sucede
malia un tácito silencio de morte.


luns, 10 de maio de 2010

VinaliaFest!


Recén chegada, aterrando dunha fin de semana incrible LADYFESTEIRA!, con algo de baixón polo fin (que nooon, a despedida foi só un ata logo!) desta superedición, chego á casa e me atopo con esta sorpresa, o VINALIA, no que traballamos estes pasados meses - o traballo gordo o editor Vicente., e o restos de nós puntualmente!- xa está no prelo, e un blog nos recibe polo de agora para abrirnos o apetito!!!

http://vinaliaplan9espacio.blogspot.com/



Copio o textiño de presentación da fiestra ó espacio exterior::::::::::::::::::::::
Estimados abducidos:

Como ya sabéis, la nave de Vinalia Trippers está descendiendo del firmamento de los 'zines para revolucionar el panorama artístico terrestre. Para ello contamos con un elenco intergaláctico de escritores, poetas, ilustradores que fueron abducidos cuando lanzamos nuestro primer rayo retroabductor.

Ahora, según las directrices del Plan 9 del espacio exterior, iniciamos la segunda fase de conquista terrestre presentando el nuevo blog que, desde la nave de Vinalia Trippers, ha de llegar a todos los reductos del nuevo mundo virtual. Para ello te necesitamos, déjate abducir por Vinalia Trippers y envíanos tus colaboraciones: relatos breves, poemas, ilustraciones, vídeos, música, ensayos, vomitonas... sobre: invasores, aliens, selenitas, monstruos de otros planetas, venusinas, pulp, abducciones, ovnis, naves espaciales, dominio interestelar, zombis atómicos, astronautas... Tenéis ahí campo y cancha virtual para desbarrar a gusto y despacharos como veáis oportuno, teniendo en cuenta las que son y han sido premisas permanentes de Vinalia Trippers: literatura subterránea, independiente y para adultos.

gracias por dejaros abducir

recomendación del día: medita repitiendo el mantra: voy a participar en Vinalia, voy...


venres, 7 de maio de 2010

Antídoto

Antídoto... [contra a cara perturbada da nosa sociedade!!!]

Para os Espe-Espe-Especuladores, para os que queren e creen ser adultos, para os que non cren no arco da vella, os que non o ven cando sae cando nos engloba nos quenta e nos cega, para os do mal rollo gratuíto, para a policía, esa policía que un tal día coma onte reducen a un home cun coitelo supostamente indo contra eles con tres tiros, si oistes ben! tres homes, tres polis entrenados (e seguramente alimentados o luns á noite por CSI de tódalas cidades do mundo que non son a súa) reducen a un home cun coitelo, coitela ou navalla “abrindo lume”… ; para os quero e non podo para todos, todas esas, este conxuro:


SUPER FEO,
siempre siempre que te veo
estás teniendo frío
quejándote de todo
no me pidas más mi abrigo
que eres super feo…

no entres más aquí
no entres más aquí
no entres más aquí
no entres más aquí

cara mono
pareces ser un ogro
y resulta que es tu pelo
que es tan feo como tú…

no entres más aquí
no entres más aquí
no entres más aquí
no entres más aquí
ya no quiero verte
no entres más aquí
aléjate de mi
no entres más aquí
ya no quiero verte

dientes sucios
no sabes lo que es el flúor
y sonríes a todo el mundo!



ogallá puiderades escoitalo da boca musical de SMOKING ROOM! [que alguén colgue o esconxuro na rede que eu non sei!!!]

xoves, 6 de maio de 2010

Lady*Expo, grrr(l)!


Algúns dos collages dos que expoño "copia" no LADYFEST MADRIZ! estes días subirei máis... LEMBRADE QUE A EXPO E DEMAIS ACTIVIDADES SON NA CSO CASABLANCA (C/ Santa Isabel, 53, Madrid) e non na TABACALERA... e hai concertos c a n c e l a d o s !!! Máis info,
aquí!




[fotiños]OBRAS, INSTALACIÓN ELÉCTRICA, PINTURA, MONTAXE DA BARRA, INSONORIZACIÓN, ETC ETC ETC, a preparación da enorme nave da Tabacalera + un ano de Ladyfestas, organización, traballos manuais á venda, reunións-asamableas difíciles, para que o ministerio se pronuncie o terceiro día dun festival que dura unha semana! ai que ter ganasss!

Mistos para queimalo todo e cigarros para velo arder



*sen medo a dicir “te quiero” sen medo a que soe cursi, facendo un pop doce, frases populares das nosas vidas pequenas, poboan, reenchen esta fermosura de disco, sen pretensións –tan poucas que todo quedaba na sala da casa- así debe ser, bordados con fío de ouro, así debe ser para min en días coma hoxe que as patadas da vida, da xente que non ama a vida, ou ó menos ós seres humanos, che dan na barriga, así debe ser esta doce doce vinganza… grazas por tanta beleza, María, Pablo e Javi. Gracias por achegar o fiíño ata deixalo sen ar entre nosoutras, Jose*


[se vos gosta FAMILY correde a por esta xoia, quen avisa non traizoa!]

Problemas ou Poder (Mu*danza obrigatoria)


Ladyfest Madriz se muda de La Tabacalera al CSO Casablanca

"El Ministerio de Cultura ha detectado un defecto de forma en el proceso de La Tabacalera y ha decidido cerrarla al público hasta nuevo aviso. Las actividades planeadas para el 7, el 8 y el 9 serán reubicadas en el CSO Casablanca excepto los conciertos, que lamentablemente no van a poder ser celebrados. Entre hoy y mañana publicaremos en ladyfestmadrid.net los horarios de la nueva programación.

El colectivo Ladyfest Madriz lleva un año trabajando en la planificación y organización de un festival feminista de nueve días. Durante todo el proceso hemos debatido, pensado y argumentado internamente por qué hacer un festival gratuito, autogestionado y feminista. La ola de desalojos y represión que ha vivido el movimiento okupa en los últimos meses en Madriz nos llevó a un debate complicado y optamos por la posibilidad de realizar algunas actividades en La Tabacalera. Este es un edificio perteneciente al Ministerio de Cultura que fue cedido para la construcción de un centro social autogestionado, un proyecto que llevan negociando varias personas y colectivos cerca de diez años. Tras visitarla, conocer a la gente y saber que la entienden como un espacio abierto, horizontal y autónomo, tomamos la decisión de que teníamos que invertir todo nuestro tiempo y esfuerzo en habilitar las instalaciones necesarias (insonorizar una nave, montar un sistema eléctrico, un escenario y acondicionar espacios para talleres y exposiciones).

Desde hace algo más de un mes hemos participado y trabajado muy intensamente con todas las personas que pasaban por allí para conseguir que todo estuviera listo el día 1 de mayo y se pudiera inaugurar Ladyfest Madriz 2010. El sábado 1 de mayo el festival se abrió con la primera actividad abierta de La Tabacalera, todo funcionó muy bien, mantuvimos las medidas de seguridad y las delimitaciones de los espacios no cedidos, cerramos a la hora acordada y la mayoría de la gente disfrutó del espacio y de Ladyfest.

Sin embargo, el martes 4 por la mañana nos explicó la gente de la Tabacalera que el Ministerio de Cultura ha detectado un defecto de forma en el proceso y ha decidido cerrarla al público hasta nuevo aviso.

Ante esta notificación en primer lugar manifestar nuestra rabia, tristeza, indignación y emociones confrontadas. No tenemos del todo claro con quién debemos enfadarnos y eso nos provoca frustración por haber dejado el festival en manos de negociaciones que se nos escapan de nuestro propio poder de decisión, aunque lo asumimos como la opción decidida por nosotras. La situación nos reaviva las dudas iniciales sobre la autogestión en un espacio "cedido" con tiempos, procedimientos y personas regidas por una institución estatal y nos provoca un sentimiento de responsabilidad colectiva hacia todo el trabajo realizado por quienes hemos querido un Ladyfest Madriz 2010.
Agradecemos el apoyo y participación de todas las personas que se han involucrado en este proyecto, pedimos disculpas a las que se puedan sentir perjudicadas por las cancelaciones y prometemos que tarde o temprano, en un centro social o en la calle o en tu cama, organizaremos una gran noche de conciertos. Porque esta es nuestra revolución y seguimos bailando, aún no hemos hecho más que empezar. Rock on grrrls! "

ORGANIZACIÓN DO LADYFEST MADRIZ dixit en Mordor, 5-5-2010

martes, 4 de maio de 2010

Con B de Beleza

Que cada día sea bonito, bonito, bonito, que cada intre sexa especial, que me queza a arte, que me arrole...


Fotiños roubadas: unha foto do fb de CIELO LATINI (oficial, grr!), o libro de fotos de Félix González Torres(+) recén saído do prelo de PRINTED MATTER e un fermosísimo debuxo de NATALIA UMPIÉRREZ.

¡GRRRLfest

Madriz!

domingo, 2 de maio de 2010

Ladyfest Madriz 2010! (women of the world take over!)


ONTE COMEZOU O LADYFEST MADRIZ, o terceiro que temos na cidade! contribúo a esta celebración da nosa cultura expoñendo xunto a outras artistas ( Ana Elena Pena, Ana María Pinaka, Blanka Palamós, LaMalaCostumbre y Mare)
na Tabacalera!!! a desfrutar!

Ladyfest es una fiesta feminista autogestionado que reúne música, vídeo, talleres, arte, deportes, activismo, performance, riot grrls, bailar y revolución.

En esta edición nuestras prioridades son apoyar a grupos cercanos y fomentar las redes locales, apostando por la autogestión de la cultura y la ética hazlo-tú-mismx. No es un festival de mujeres, sino un encuentro de personas que crean y viven oponiéndose al sexismo, la heteronormatividad y la xenofobia. Todas las actividades son gratuitas y las organizan personas voluntarias con ganas de celebrar la cultura feminista.

Ladyfest Madriz 2010 está pasando sin tu permiso del 1 al 9 de mayo en la Tabacalera de Lavapiés, la Eskalera Karakola, el Patio Maravillas, Traficantes de Sueños, Alma_zen D/s, en la calle y en tu cama.


Si no podemos bailar no nos interesa la revolución

*Programa do festival*




Nos concertos con hijab!!!

sábado, 1 de maio de 2010

Atomizador en Festival de Folk Cardedeu

RECOMENDACIÓN PARA OS QUE ANDEN POR CATALUÑA a fin de semana que vén!:


El próximo fin de semana (7 y 8 de mayo) se celebrará en Cardedeu (Barcelona) un festival de música folk con una pinta bien chévere.
Atomizador tocará el sábado 8 usando voces, guitarra española y ukelele y presentará en directo temas de la recién editada cinta "Campos de Fresas" y del futuro compartido con Musicca.



quen puidera chegar a pé aló!

aquí o "choleiro" organizador MAU de MUSICCA!

[E eu engado: este concerto fará as delicias dos fans de Campamento ñec ñec, Jose/Atomizador achégase coa súa voz de paxariño ós coriños daquel incrible proxecto, aínda que segue a xogar co "noise" no que anda somerxido últimamente... ogallá o ukelele e os anxiños que lle acariñan a gorxa o leven navegar esa noite ó mar que é a súa melodía engaiolasereassereos!]

roubo de fermosa fotiño: libroholic@s, o cartaz é de HAZ!