domingo, 8 de novembro de 2009
Amor de morta
Non quero saber nada dese amor do que fala Angélica, decimonónico e dependiente, que separa por roles, que entolece... máis contemporáneo e brutal que nunca (sen ti non son nada…). Quero liberdade, quero paixón, quero igualdade, e quero seguir de pé cando marche. Ninguén me deixa. Ninguén ten ese poder. A única que pode abandonarse son eu. E con isto non falo de morneza, falo de dignidade e de amor real. Non compensa converterse nunha bela morta entre a aniquilación e a éxtase, por moi fermoso que sexa non compensa en alma propia.
[Fotos: un vestido de Anna Karenina e unha ilustración dunha edición de Madame Bovary; A morte de Cleopatra é un cadro de Jean André Rixens e a Ofelia de John Everett Millais]
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario