domingo, 29 de marzo de 2009

marzal



Marzo: un mesiño desconectada da rede na casa, pero profundamente conectada á vida... mil pasiños fermosos déronse este mes de viaxes e historias... de novas amizades e proxectos forxados:

*Martha Rosler en Granada é unha experiencia que recomendo a calquera que estea interesada/o nos discursos políticos, feministas... na arte... nos collages, ou na arte contemporánea que parte de postulados da setenteros e americanos da contracultura... Martha é unha muller pública, unha artista libre, unha persoa valente. Flípame. Arroupada me sentín esta fin de semana cheverísima en Granada.



*Tamén gracias á xenerosidade da miña amiga Marita, pudemos coñecer á interesante poeta, editora e activista peruana Violeta Barrientos, cuxa traxectoria recomendo coñecer sobre todo ás/ós interesadas/os en literatura fronteriza de temática erótica ou lesbiana... nas políticas sexuais, nos fortemente entrelazados feminismos latinoamericanos...

*Novos descubrimentos no mundo da arte galega que ronda por aquí en Madrid: suciedade punk do máis libre da man de Jose, editor subterráneo do selo NO DEJARÉ QUE SALVES ESTE MUNDO e pintor todoterreo; e Fojo, fanzinero de pro e creador de seres recheíños e coridos!



Fotiños: o logo da fermosa distribuidora de Basilio "Chingaste la confianza" feito por Fojo, e unha das camisetas de "Abominable futuro"(o seu grupo) que regala Jose nos puestitos que pon nos corcertos...

1 comentario:

  1. Anónimo1:36 a.m.

    Thanks for the marvelous posting! I certainly enjoyed reading it, you could be a great author.I will make sure to bookmark your blog and will eventually come back in the future. I want to encourage that you continue your great work, have a nice day!

    ResponderEliminar