martes, 2 de decembro de 2008

Xogando coa enfermidade



Quería colaborar a todo meter co colectivo RENDERÉN pero estiven ata o último día matinando qué me suxería a min "a falacia da sustentabilidade"; laiaba polo anterior tema -segundo eu- "a civilización enferma" porque de seguido me viña á cabeza un collage ben figurativo, cheo de caras con fouciños de animais, ou con estraños rasgos rasgados dos que só quedaba unha pel dada a volta e embaixo aparecían manchas doorosas, purgantes, supuradoras... orgánicas ou derramadas escenas habituais na nosa sociedade mais enfermizas...imaxinaba eu detalle a detalle tales enxendros e pensaba nalgo ben limpo para a sustentabilidade naufragada... E cal foi a miña sorpresa cando enviei o domingo este colaxe que vos mostro e me dixeron que ¡¡¡o tema era o outro, o que eu morría por materializar nunha imaxe, a civilización enferma!!!

Dende aquí quero loar a apertura de miras, a visión, o cariño e a profesionalidade dende o que traballa Renderén, pois como publicación anarquista non se queda nunha interpretación gastada, anacrónica e gris- por moito que a publicación non sexa en cor é pura liberdade o que se respira nas súas páxinas- , senón que dende a arte quere que repensemos os conceptos do duro xogo entre o poder e a sociedade. Así, ó contrario que moitos colectivos anarquistas - pronto concretarei!- acepta estéticas non recoñecidas pola tradición da arte politizada, que non política, nin se asusta de certas apostas alonxadas estéticamente do branco e negro suxo e con letras de CRASS-por sorte!-* habituais.

G R A C I A S, Renderén meus!!!

[Recomendacións para desprexuizarse: GEE VAUCHER (e aquí e e aquí), UNIÓN LIBRE e OLGA NOVO]

*¡o grupo anarcopunk máis incrible do mundo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario