domingo, 7 de agosto de 2011

Paus e flores

[sobre o venres]



Volvemos abrazar SOL
Xa na praza

Se achegas a orella a diversos grupiños podes oir contos dos maiores. Contan como eles corrían nas manifestacións, como se organizaban, o medo que tiñan. Entusiasmadxs están na rúa, e nas distintas asambleas de cada comisión collen o megáfono; lxs niñxs a la calle, berra algunha, que temos e teñen medo a todo. Onde están os rapaces, os xogos nas prazas, a vida na rúa!
Cando regreso á casa polo meu barrio hai moi pouca xente nos bares e penso, si, agosto é, pero moitas das que estaríamos aquí, estamos no sol (no noso día a día e nestas noites de luz chea!) porque como dicía unha pancarta da mani do domingo das marchas: QUEJARSE EN EL BAR, NO SIRVE DE NADA! e de súpeto un grupo que está á porta dun bar, na rúa, comeza a rir e falar alto e a cantar: vuestra crisis no la pagamos!!! JAJAJAJA! que guai, que guai ;)D
Bo domingo, amigxs! que brilla, brilla o sol!






[as miñas fotos da volta á praza]

Ningún comentario:

Publicar un comentario