venres, 23 de abril de 2010

Viaxe ó espacio interior


Este 23 de abril, día do libro, atópame lendo un libro descargado da rede e impreso en 320 longos folios… será esta a previsión de formato para o próximo ano de fanzines, artigos, entrevistas, novelas, poemarios, ensayos, reseñas, revistas e follas voandeiras que pasen das miñas mansollosboca ó meu estómagocorazónialma? Será de verdade o ebook o que substitúa ó perfecto: irrompible –practicamente-, portátil e fascinante libro en papel e sobre todo en rústica e de peto?
Quen me coñece sabe que creo na interrelación entre o prezo do libro e as cotas de lectura, así que neste fermoso día ergo a voz pedindo ós editores da península que tomen nota de Europa, que edita moito, bonito e barato! e ergo a voz tamén a favor de iniciativas como as de alpha decay que crean microcápsulas literarias portátiles de lectura instantánea na colección alpha mini que ben poden reemplazar en formato á alianza cien da miña época do instituto, lecturiñas do canon por 20 pesos; ou á selección da Folio francesa da súa colección "2 euros", na que mesturan clásicos e contemporáneos... Celebrade este delicioso hobby, paixón, traballo ou vinganza que é a lectura!
Fotiños: exploración e a nº 2 miniatura do fermoso libro "A cidade das damas" de Cristina de Piza/Christine de Pizan


Cápsulas económicas de folio e alpha decay!

Ningún comentario:

Publicar un comentario