sábado, 24 de abril de 2010

Neve contra sal ("La manera de recogerse el pelo")


Onte celebrei o día do libro asistindo á presentación de La manera de recogerse el pelo e a verdade é que foi unha gozada, todo ben suave... os editores (de contidos David González, o responsable de Bartleby Pepo paz e o prologuista Jose Ángel Barrueco) estiveron apaixoados e divertidos. Tamén puidemos degustar o recital dalgunha das poetas antologadas, asistir á presentación do traballo audiovisual que completa a antoloxía (si!, vén cun dvd cheo de poesía materializada en imaxes!) dirixido por Patty de Frutos e celebrar o contemporaneidade dunha escrita “blogger” influída pola inmediatez da publicación e a desaparizón do filtro
editor(a)quemedigaqueescreboben. Gocei moitísimo, botádelle unha ollada que é ben interesante a antoloxía, ó igual que a súa irmaciña 23 pandoras (compilada por Vicente Muñoz Álvarez)! Eu xa o puxen na lista de regalos a unha boa amiga que teme á poesía, porque sei que está lle chegará directa ó corazón e que dinamitará o pétreo prexuízo que o intocable canon (lle) converteu en estatua -sombra da que non se libra- ó longo de anos de colexio e instituto...



Las maneras de recogerse el pelo. Generación blogger
David González (ed.)
Poesía
1ª Edición Bartleby 2010
978-84-92799-13-8
320 páginas
Libro (Rústica) + DVD
PVP: 20 €

Grazas David por un traballo sincero, intenso, cálido e de calidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario