martes, 4 de outubro de 2011

Punk. Clase 1

¡el punk no se lee, el punk se escucha!
HAZ & HEZ

Antes do punk xa estaba Iggy -os Stooges- , estaba a Velvet e os Doors. Demasiado escuros para ser hippies, demasiado nihilistas, demasiado enérxicos e ó tempo, esfarelados, por dentro: lume.
Así comezou a historia.




E seguimos comentando e poñendo discos sen parar cara atrás ata chegar aos Byrds -isto é o que escoitaba algún stooge no seu cuarto antes de ter o grupo-,

e dos Byrds a Gram Parsons::::::::::::::::
a desfrutar! boa semaniña!

Este incendio chamado Outubro


Campaña Stop Trans Pathologization from Stop Trans Pathologization on Vimeo.


Mani e máis, aquí

Outubro ben quentiño: en luita pola educación, cita 15O e o aquelarre trans! hurra!!!



e na filmo: Lady Oscar!!! 

luns, 3 de outubro de 2011

Aínda non me decidín

 -Pon la torta y el tarrito de mantequilla encima del baúl y ven a acostarte conmigo.
Caperucita Roja se desnuda y va a meterse en la cama, donde se queda muy sorprendida al ver el aspecto que ofrece su abuela (...)

PERRAULT, Caperucita Roja.
-no creo que cenar con alguien sea un pecado, ¿o si?
-oh no
-¿lo es?
-no lo sé, ¿qué crees?
-realmente creo que depende de ti
-no sé, aún no me he decidido

 Atracción fatal (a peli)



[Primeiro, cadro de Agustín Comotto e o segundo é unha imaxe que non me gusta nada, como a peli A. F. pero que non podes deixar de mirar...]

(Traballando no) Sen medo

Dice un refrán que en todos los bosques de mundo hay un pájaro que repite: «¡No te fíes! ¡No te fíes!». 

domingo, 2 de outubro de 2011

Non sei se responderche



Tanto que te quixen, 
onde estás que non te vexo detrás das túas letras, 
onde estás que non te leo?



[fotiños e video meus; 1, autorretrato; 2, video do proxecto Intimacy - Completelty Naked no que participei fai anos con fotos]

Carapuchas

 Para L. e para Teresa&Emma


Cecais os nosos temas sexan sempre os mesmos. Si, iso di a Crítica literaria, pero xa sabedes que a min me gusta non facer caso, e experimentar moito máis de vagar. Xa sei que así se tarda máis en chegar, pero se chega segura e non se chega con todo, con todo o que sobra. 
Cecais sexan os que sexan os subtemas comentados da nosa literatura sempre estará aí a desorientación sexual - coa que nos conformou o mundo-, e o medo (xenealóxicAmente conxénito) e as cores simbolizando cada un dos nosos contos e os seus pecados: o adoctrinamento. 
Si, por iso cando me puxen a escrever esta mañá sobre a novela de Lol. non sabía qué personaxe estaba confuso, quen debía sair do armario e quen non, e á contra atopei a unha morea deles relacionándose nos dous sentidos (aínda que hai máis). Entón, quen tiña que espabilar neste brancuxento conto? é o ambiente, a voz tremente, tatexante, é o abafante ESTAR das personaxes as que me levan a querer abrirlles as portas (ó millor debería comezar por abrir as miñas!, pero segamos coa literatura...). A que saian do coche. 
Na escena na que Marta Julia está no coche, e o seu home -cuxo nome como todos os da historia comezan por E- se lle achega, non podo máis que pensar nas esceas do coche diante da casa na urbanización, de todas as pelis: a miña escena favorita é a das Virxes Suicidas, cando Lux volve correndo rachando o silencio da noite e do disimulo.
Pois ben, cecais os nosos temas sexan sempre os mesmo, que o vermello é bo como dí Pipilotti na súa Pepperminta, simbolizando a forza no sangue menstrual, é dicir a nosa fortaleza, a luita por ela e a autodefensa; a nosa liberdade tamén de portas para fóra... 
Aquí estamos, comezando o outono e medrando no mesmo. 
Este vai ser o noso ano, pequena. Don't (you) worry...


venres, 30 de setembro de 2011

Encontro novas/os escritoras/es


Para as que non puidestes estar... xusto me chega agora e me ilusiona poñelo. Colgarei máis, doutrxs compas! ale, á rúa, que é venres!!! iiijjjjjjjjaaaaaaaaaaaaa