Asegura ou non asegura algo a beleza? qué é a beleza? capital simbólico? o contrario.
capital erótico ... carnita rica? simulacro de presa? ilusión de perfección? existe a perfección? ten que ver co corpo? qué é algo? traballo, cartos, saúde, amor? existe a felicidade? propicia a cantidade de beleza acumulada o que nos pasa? permite máis cantidade deses intres que recoñecemos como felices? é o enfoque de cómo os vivimos, a actitude, o que lle dan a súa esencia feliz? ten sentido falar de esencia para cun sentimento/situación que sinxelamente é muda? cánto ten que ver a melancolía coa ansia de perfección, perfección do instante, perfección do corpo? para as mulleres é importante a beleza interior? éo de verdade para elas? renta de verdade no mundo? é por iso ou é polo valor simbólico que lle damos ao belo froito da nosa educación sentimental? qué pasa coa anorexia, a anorexia como estado mental (chámalle dieta-chámalle yoga-chámalle meditación, limpeza ao fin e polo tanto perfección) no que levitan moitas mulleres, igual que moitos homes se introspectan pensando nun donut mentres lles falan?
-¿¿¿??? qué rayada... parece que te han dejado por una modelo, chama!
- ;) algo de eso habrá
[Reflexiones para unha ponencia sobre o fenómeno #sadgirls, a melancolía e a creatividade]