Páxinas

luns, 5 de setembro de 2016

Faith or Maybe, todo iso entre a contemplación e a acción (outro texto malísimo de fai meses) - ou... Qué seria te pos II parte (Seica lin isto en Vilamarín e a Ar Salgada gustoulle?

O posíbel, se non afogo

Gilles Deleuze 


Aquí vén outra etapa de só ler.
Estouna vendo vir
isto da paixón        é o que ten
igual que vén, vai.
Dicía Gaelx non quero ser pusilánime, parece que a ponte é ser equánime 
Estouno vendo vir.
Isto da paixón igual que vai, vén.
Non quero dicir que de min marche o lume
ogallá tivera esa posibilidade, eu, eu que son todo canto teño
aí fóra da cárcere do ser I fermoso cubículo, este corpo atópase co outro:
mesa   home  cadelo.
Choca e golpe
de morado a amarelo: gústame seguirlle a evolución -como poñer cancións a cada intre
ou ver cómo se pon o sol- todo iso dos procesos
comezo a non crer, eu eu, que só son sendo!
Cecais está pegando tan forte isto do cómo porque non se queren dar feitos:
non confío, non confío moito
non confío no outro. Non confío nun outro concreto, que é polo que xurdiu este texto.
Podemos traballar nalgo elexido e que aínda así nese espazo supostamente prístino precioso xurda a traizón,
e qué é para min o silencio.
O silencio. O silencio. Pero máis que iste, que poder ser un camiño posibilidade, a traizón é o silenciamento.
Joder, xa estou a falar de calquera outra cousa.
Se un non volve falar, para min tes que liscar para sempre. Non pode ser puntual, evnetual. E por iso, por toda a literatura gris sobre as aemocións que carrexamos é polo que en realidade este texto me revisa a min. En lugar de contar un conto, iste: vou arrincar tódalas follas do Ulises que non sexan poema. Cada capítulo será transcrito se non se entende. Nada me interesa da trama fóra da vida, mentira, si que me interesa a superficie da pantalla, porque aí hai corpos e polo tanto acción e cores, e incluso cando son os tíos os que asinan as pelis, se mollan, algo se mollan, porque aí o verbo é carne

Plática! purito simulacro, non fagades caso!

E mira que a min me gusta que me mintan, cando o outro se minte a sí mesmo e xoga á incrible verdade
-Buscas a un igual? 
-Alguén co que se poda falar. 
E mira que a min me gustan os farsantes, que adican a súa vida facéndose pasar por pacos, polis, sendo revolucionarios.
Cánta mentira solto pola boca...



II


Non es loser. Son losers os que non saben gañarte.
Jose Luís García Portela


Cecais ista sexa a chave
polo que me identifico tanto co traballo da Angélica.
Ela berra: no me fío, no me fío e pouco máis. Todo o resto: a curiosidade que a leva ao coñecemento (que nada ten que ver coa representación, é un acto de imaxinación a imago>linguaxe arbitraria &socializada>xeito de aprehender o mundo)
Separar o mundo, polo que un sinte.
Separarse dos demáis sen máis que fe no que unha sinte.
E xúrovos que non é cobardía,
comodidade,
nada filuxe
nada fácil
busco.
Pero non. Un resorte incapaz de non saltar ante a dúbida polo ser que un ten enfronte
polo traballo cego crente no sistema que está a desenrolar:
se non es escapista, vaite preparando para a miña carreira en dirección oposta.
Pase o que pase o mellor é liscar, di o bo de Joyce,
e iso vou facer eu. Eu a que se trabuca, caer ben caer millor, con estilo, sempre con estilo,ana.
Ola Deleuze, ola pólas das árbores, ola florciñas primaverales, acolleredesme vós no voso colo como non fan os humanos? Ola paxariños piadores, ola formiguiñas que me vos queredes meter por toda estas estradas curvosas, metédevos, metédevos, que eu non podo sair de min, e estou desexando que vos metades sen preguntar, metédevos que eu quero sair de min, sen pensar, aquí, por aquí metédevos por aquí, onde marca a raiola do sol

Ogallá a condición dun cambiara coa consideración dos outros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario