Páxinas

luns, 10 de agosto de 2015

Como a modo unha mazá no escuro



Sempre que non teño nada pendente soño que como unha mazá. Case nunca me acordo dos soños. Salvo entre Burocracias pendentes Cambio de casa Cambio de traballo Saúde tremendo Corazón en desorde... nas que si soño con todas elas revoltas. Salvo nestas ocasións simplemente soño que como unha mazá a modo. O resto dos meus soños prácidos desaparecen sen deixar rastro como se mesmo non existisen máis que dous estadios dentro de min: o de arder e o de miralo todo a través do escuro da noite.



Ningún comentario:

Publicar un comentario