luns, 20 de xullo de 2015

Aínda non teño título para algo que non é doado e doe

 Arvida Byström


Perro guardián
*
perro guardián
te la pasas ladrando
porque estás
es lleno de amor
*
Adela Pantín 


Boobaloo
 *
vienes a este mundo rojito
para hacerte rosado de amor!
es lo que hace que se mueva
este universo entero:
hacia adelante
es hacia adentro.
centro líquido sabor tuttifrutti
de chicle boobaloo
 *
Adela Pantín




Ánimos

péscala 
que está cerquita
cualquier niño con valor sabría
que la valentía tiene nombre de niña

Adela Pantín


Non é tan doado escreber todos os dias, por moito que escreba por dentro. Por moito que me veñan os versos de Miguel Anxo Fernán Vello á cabeza sobre o sangue e a neve cando estou escribindo tamén coa mente, sobre trenzas
"Trenzas coma pozas deslumbrantes,
vibrantes co sol reflexo.
Trenzas de bordes soavísimos,
coma tobogáns sedosos.
Pulcras trenzas,
disimuladas baixo o lazo azul profundo,
soterradas no lombo firme enderredor, ..."
Por moito que a miña man redebuxe trace rosme na imaxinación dun caderno inexistente unha boquiña a piques de ser fotocopiada para facer unha capa dun fanzine con ela, non non é tan doado sentar e pintar esa boca, non é tan doado como pintar os beizos no espello. E por moito que o can do lado ladre non defende nin se come o meu amor por ti, neno queer, non tragoa nada este puto can do Compostela. Si, o señor daquí o lado chámase así na miña casa porque traballaba -agora xubilado- nunha empresa de limpezas chamada así, Limpezas Compostela,  e para tocar o _____ seguro, ben seguro que era Limpiezas, para iso si, para iso, por iso, para tocar o ______ si é que ten un cadelo que ladra e ladra, non vixia, non garda de ningun ladrón que entre roubar o meu amor por ti, meu ben, porque o meu amor -é igoal!- xa non cabe dentro desta casa. O  meu amor, ti, xa non cabes dentro, co teu novo ser intanxíbel, de difuso esquelete... Ti xa non cabes nestas físicas, vellas, retrógadas catro paredes de clásica construcción binaria (para nada, pero boeno ;( ) das novas fronteiras do xénero...Porque ti, pantasmiña postmilenial, se cadra xa nin querías cruzar a portiña da entrada... se cadra ti o que queres é ser ela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario